As familias e a sociedade necesitamos que os gobernos comecen a tomar en serio a cuestión da conciliación e asuman que os coidados non poden recaer exclusivamente nas mulleres.
Se algo aprendemos nesta crise foi a importancia da sanidade pública, que cómpre respectar, dignificar e fortalecer. Porén, chega o verán e os recortes volven á sanidade no seu conxunto e aos centros de saúde das Mariñas en particular.
Un banco de locais, co Concello funcionando á vez como intermediador entre uns e outros, pero tamén como avalista que supón, nun momento crítico, dar garantías, confianza e seguridade a propietarias e comerciantes.
A década de Feijóo non só foi unha oportunidade perdida, foi un paso atrás. Peores servizos públicos que hai dez anos. Peor comunicados que hai unha década. Os salarios e pensións máis baixas. Estragouse o sector agrogandeiro, cun potencial que podía facer punteira a nosa comarca.
É lamentábel ver como Xunta e goberno local corren a culparse mutuamente, esquecendo as súas obrigas co mantemento do centro para ofrecer un ensino público de calidade. Porque mentres se descualifican mutuamente, as cativas padecen as deficiencias do centro, sen que nin PSOE nin PP, nin goberno local nin Xunta, parezan ter como prioridade solucionar.
Unha cidade como Betanzos non pode permitirse o luxo de fundir máis de 315 000 euros en 31 días de festexos mentres só destina 38 000 euros para algo estratéxico para Betanzos como é o patrimonio histórico-artístico.
Exiximos á Xunta que cumpra canto dixeron sobre o Pasatempo. É hora de concretar todas as palabras bonitas, para pasar aos feitos no Pasatempo e na súa posta en valor. Complementándoo co centro de interpretación que propoñemos facer con cargo ao Plan de Obras Único da Deputación.
Unha vella canción dicía que “os deputados galegos son moi ben educados, aquí falan e falan e en Madrid están calados”. Tal aconteceu con esa suposta “voz de Betanzos” que ían ser os concelleiros-senadores de PSOE e PP, foron a procesión dos caladiños.
Fronte ao circo frívolo da política española temos a oportunidade de actuar diferente. Cun voto de esquerda, transformador, a un forza política seria e responsábel como o BNG, que dará voz propia a Galiza, sen complexos, sen ataduras e con firmeza na defensa da sociedade galega.
En ningún momento a concelleira de servizos sociais e agora alcaldesa, María Barral, tivo a determinación de acabar con esta situación de abuso sobre persoas indefensas. O PSOE xogou a mover papeis de sitio durante dous anos- exactamente igual que fixera coa ORA, para menter outra situación de abuso, facendo ver como que facía algo.
Este ano, que se cumpren 550 anos do remate da Revolución Irmandiña, é o momento de empezar a celebrar a nosa verdadeira historia, porque só apostando polo propio poderemos diferenciar a Feira Franca do resto de feiróns medievais que hai.
É o momento de apostar por un Betanzos verde, integrador, máis xusto e con máis igualdade. É a hora de construír o Betanzos do futuro, con ilusión e humildade mais tamén coas ideas claras. Coa forza de todas.
As deputadas da provincia da Coruña no Congreso (de PSOE, PP e Podemos-Marea) falaron sobre Cataluña, Venezuela ou comisarías en Sevilla. Pero non esixiron fondos para que ría de Betanzos deixe de ser un sumidoiro ou a cesión do antigo ambulatorio e abrir un centro de día ou para mellorar a seguridade viaria da Angustia á Ponte Vella.
Este sitio usa cookies propias e de terceiros para desenvolver información estatística e amosar publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análise da súa navegación. Mais detalles >