Pedimos á Xunta 2 millóns para o Pasatempo e ao goberno local habilitar un centro de interpretación co POS+

Exiximos á Xunta que cumpra canto dixeron sobre o Pasatempo. É hora de concretar todas as palabras bonitas, para pasar aos feitos no Pasatempo e na súa posta en valor. Complementándoo co centro de interpretación que propoñemos facer con cargo ao Plan de Obras Único da Deputación.
Pedimos á Xunta 2 millóns para o Pasatempo e ao goberno local habilitar un centro de interpretación co POS+
bz
bz

Participamos na política para mellorar a realidade que temos, por incoformismo. Por non dar por bo que a Xunta nos castigue un ano máis sen un centro de día. Porque nos amola ter un centro de saúde falto de persoal que nos deixa sen servizos. Porque merecemos un ensino público de calidade, con mellores prestacións das que temos. Por iso emendamos as contas do PP para ter un centro de día no antigo ambulatorio, un edificio que xa pagamos cos nosos impostos e está a caer. Por iso pedimos fondos para cubrir ausencias de especialistas no centro de saúde, para que non pechen servizos durante o verán por non cubrir vacacións. E segregar o aulario convertíndoo no colexio que nos prometera Feijóo, desmasificando o Vales.

pedimos fondos para cubrir ausencias de especialistas no centro de saúde, para que non pechen servizos durante o verán por non cubrir vacacións

Cremos que a nosa cidade e a nosa comarca teñen moitas oportunidades de xenerar emprego e riqueza, que merecemos máis que ser falsas autónomas ao mandado dunha multinacional ou carne de canón para campañas estacionais de grandes superficies. E que coas ideas claras se pode conseguir.

Por iso exiximos á Xunta que cumpra canto dixeron sobre o Pasatempo. É hora de concretar todas as palabras bonitas que se levan dito sobre o parque. Pedímoslles que inclúan, xa que non o fixeron, dous millóns de euros para rehabilitar o parque, para sumar aos máis de 600 000 euros que puxo a Deputación desde a área de patrimonio que dirixen as nosas compañeiras. Para pasar aos feitos no Pasatempo e na súa posta en valor. Complementándoo co centro de interpretación que propoñemos facer con cargo ao Plan de Obras Único da Deputación.

Betanzos é patrimonio. O maior activo económico que ten a nosa cidade é o patrimonio. Non nos conformamos cunha pedrea ocasional que cae de refilón en ano electoral. Demandamos ao goberno galego que modifique os orzamentos e inclúa cinco millóns de euros para rehabilitación de cascos históricos, que é algo que vai moito máis alá de comprar unha ducia de casas e telas a caer dez anos antes de meterlles man.

emendamos os orzmentos da Xunta, para garantir o saneamento da ría

 

As Mariñas aínda son unha comarca de horta e ría. Por iso emendamos os orzmentos da Xunta, para garantir o saneamento da ría, primeiro paso para rexenerala e volver a crear emprego de calidade en torno aos bancos marisqueiros do Pedrido ou a Ribeira de Souto, que repartirían, como en calquera outra ría, emprego e riqueza en toda a comarca en toda a cadea produtiva, mais tamén no turismo ambiental. E un centro de transformación para dar valor engadido á produción de horta, carne e leite, mellorar a comercialización e facilitar a creación de emprego vinculado ao sector primario.

O inconformismo é necesario para avanzar, para que Betanzos non siga parada como estes últimos anos. Temos que decidirnos a cambiar para poder avanzar, con ideas claras, cara unha cidade mellor.


Artigo publicado orixinalmente no xornal Betanzos e a súa comarca no mes de decembro de 2019
 

Pedimos á Xunta 2 millóns para o Pasatempo e ao goberno local habilitar un centro de interpretación co POS+