Satisfeitas diante do expediente á concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

WhatsApp Image 2017-11-27 at 18.18.28
Rolda de prensa denunciando irregularidades no SAF, novembro de 2017

Del Río: “levamos un ano, desde novembro de 2017, pedindo que se rescinda o contrato precisamente polas irregularidades que á fin recoñece o PSOE”.

Satisfeitas diante do expediente á concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Del Río: “levamos un ano, desde novembro de 2017, pedindo que se rescinda o contrato precisamente polas irregularidades que á fin recoñece o PSOE”.

Betanzos, 23 de novembro de 2018. O BNG aamosou a súa satisfacción diante do anuncio do goberno local de expedientar á empresa concesionaria do SAF. “Non foi sen tempo”, ironizou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, que lembrou que “o tema leva enriba da mesa desde novembro do pasado ano, cando o BNG o denunciou publicamente e exixiu solucións no Pleno”.


“Isto é o que ten privatizar servizos públicos”, indicou o edil do BNG. O nacionalista lembrou que xa foron críticos no momento en que o PSOE privatizou o servizo atendendo unicamente ao prezo do mesmo para o Concello, momento no que foron os únicos en votar en contra do contrato por este motivo.

“Durante un ano o PSOE negou calquera problema neste servizo” recorda Del Río. “Mesmo, hai un par de meses, respondéronnos a unha pregunta dicindo que estaba todo correcto”, insiste. “E agora saen con isto, vese que nalgún momento mentiron”, indica.

“Agardamos que fagan algo para solucionar o problema polo ben das persoas usuarias e das traballadoras”, engade. “De inmediato”, puntualiza lembrando que o BNG propuxo rescindir o contrato xa hai un ano a causa das irregularidades, que provocaron xa na altura queixas de traballadoras e usuarias. “Un malestar que se mantén e agravou a causa dunha decisión política deliberada do PSOE”, explica.

“Desde logo, a partir de maio do vindeiro ano temos claro cal vai ser a solución que adoptará un goberno do BNG, acabar coa privatización de servizos públicos básicos”, concluíu.

Satisfeitas diante do expediente á concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)