O BNG leva a Pleno a súa oposición a que a Xunta suprima o servizo de axuda no fogar
“A Xunta fomenta a desigualdade entre os concellos rurais e urbanos”, porque terán distintos servizos e instan ao goberno de Feijóo “a garantir que os servizos cheguen en igualdade de dereitos a toda a poboación, con independencia de onde resida”.

Betanzos, 18 de abril de 2012. O BNG levará a todos os concellos da comarca a súa oposición ao decreto 99/2012 da Xunta de Galiza, que deixa aos concellos de menos de 20 000 habitantes sen financiamento para o Servizo de Axuda no Fogar Básico. A responsábel de política institucional do BNG nas Mariñas, Estefanía Busto, presentou esta mañá a moción asegurando que “con este decreto o goberno do PP na Xunta desenténdese dos servizos sociais comunitarios nos concellos de menos de 20 000 habitantes, que son maioría no país e todos os das Mariñas”. “Por este motivo, desde o BNG seguimos insistindo na necesidade de comarcalizar servizos”, indicou Estefanía Busto, voceira do BNG en Oza dos Ríos.
Os nacionalistas cuestionaron, ademais, que “o Plan Concertado de Servizos Sociais tiña en 2011 un orzamento de 24 millóns e neste 2012 quedou en 12,4”. O voceiro do BNG en Betanzos, Henrique del Río, concretou estas cifras para a localidade afirmando que o goberno do PP executou un recorte do 87%, “pasando dos 31 254,64€ de 2011 a só 4121 euros no 2012”.