O BNG reclama ao goberno local que non empeore o servizo de axuda no fogar
Aos grandes dependentes, a quen máis precisa o servizo, menos horas de prestación e máis caro. As revisións do coordinador do servizo pasarán de ser dúas ao mes a unha cada dous meses.
Betanzos, 18 de febreiro de 2014. O BNG pediu ao gobernó local do PSOE que reconsidere e dea marcha atrás na súa intención de empeorar o servizo de axuda no fogar. Os nacionalistas denunciaron que empeora a calidade do servizo da axuda no fogar xa que as revisións do coordinador do servizo pasarán de ser dúas ao mes a unha cada dous meses.
Os nacionalistas explican que o goberno do PSOE acordou subir o copago á veciñanza tal e como ordena a Xunta do PP. Engaden que o PSOE asumiu como propio este repago, non lle incomoda a inxustiza que impón o PP desde a Xunta xa que nin a denuncia. O resultado, segundo o BNG, é que obrigan a pagar máis polos servizos asistenciais a quen máis os precisa e menos recursos ten.
Aos grandes dependentes, a quen máis precisa o servizo, menos horas de prestación e máis caro
O voceiro nacionalista, Henrique del Río, advertiu de que a Xunta do PP impón que se lle cobre máis aos grandes dependentes mentres reduce o horario de atención para todas as persoas que utilizan o servizo de axuda no fogar. Se antes unha persoa con grao 1 de dependencia tiña entre 20 e 30 horas de atención, agora como máximo terá 20, indicou Del Río. O recorte en horas de atención para o grao 2 pasa de 55 a 45 e no grao 3, dun tope de 90 a un tope de 70 horas, indicou.
Aos grandes dependentes, a quen máis precisa o servizo, menos horas de prestación e máis caro resumiu o voceiro do BNG. A porcentaxe xeral de copago pasa do 65 ao 90%, isto quere dicir que os usuarios terán subvencionado o 10% do servizo, o resto correrá do seu peto, indicou.
O PSOE asumiu sen ningunha crítica o modelo do PP e entre os dous están acabando co servizo público de axuda no fogar do Concello, indicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río. A calidade do servizo resentirase xa que PSOE e PP aprobaron que os controis sobre a prestación do servizo, que até agora eran dous ao mes, pasen agora a ser un cada dous meses, explicou.
Polo tanto redúcense as horas de prestación, sube o custo para o usuario e redúcense os controis sobre o funcionamento do servizo, resumiu. E todo isto aprobado nas vésperas do Nadal para que a veciñanza afectada pola medida non se enterase lamentou Del Río.
Xa queo PSOE no protesta polo incremento do copago diante da Xunta, polo menos que non contribúa a empeorar o servizo no que si depende do Concello
Substitúen os servizos sociais, que garanten un dereito, por caridade, por unha esmola, denunciou o edil do BNG. advertiu. Aplauden que as entidades privadas reciban cada vez máis recursos públicos para suplir aos servizos públicos, trocando os dereitos que garanten os servizos públicos pola caridade, indican.
Os nacionalistas reclamaron ao goberno do PSOE que xa que non protestan polo incremento do copago diante da Xunta, polo menos non contribúan a empeorar o servizo no que si depende do Concello. Neste sentido, piden que se manteña o control bimensual sobre o servizo de axuda no fogar para garantir a calidade do mesmo.