O PSOE continúa a privatizar servizos

Din que é porque a Betanzos as leis do PP non lles permiten contratar persoal. Esquecen que outros moitos concellos, sen saír da nosa comarca, contratan persoal público. Pero contratan para o que lles leva idea: non cobren baixas na escola infantil e preparan o camiño para outra privatización, entregando a limpeza dos centros escolares a outra concesionaria, ou sacan un concurso para contratar un patrón para a lancha municipal. Sen haber praza creada e sen cartos para pagar un salario que, obviamente, non está previsto nas contas.

O PSOE continúa a privatizar servizos

Participamos estes días nas mobilizacións das empregadas do servizo de axuda no fogar. As traballadoras denuncian a precarización dos seus postos de traballo, as xornadas enormes e a escaseza de medios. O goberno do PSOE decidiu entregar o servizo (co único voto en contra do BNG)  a unha empresa que pretende maximizar a toda costa os seus beneficios e que o fai en detrimento das empregadas e da calidade do servizo que dá a persoas dependentes.

É o conto de sempre. Cando o goberno local cambiou o regulamento para reducir os controis sobre a empresa e sacou a privatización do servizo por menos cartos que a vez anterior, desde o BNG advertimos que isto podía pasar. E por desgraza non erramos.

O goberno planea ademais privatizar a limpeza do Vales Villamarín, do conservatorio e das escolas de San Francisco, que ata agora viña facendo persoal municipal. 259 000 euros por 18 meses, máis do dobre do que custa ese mesmo persoal municipal, segundo os datos que o goberno local dá no orzamento ou nas contas que fai cando pecha cada ano.

Din que é porque a Betanzos as leis do PP non lles permiten contratar persoal. Esquecen que outros moitos concellos, sen saír da nosa comarca, contratan persoal público. Pero contratan para o que lles leva idea: non cobren baixas na escola infantil e preparan o camiño para outra privatización, entregando a limpeza dos centros escolares a outra concesionaria, ou sacan un concurso para contratar un patrón para a lancha municipal. Sen haber praza creada e sen cartos para pagar un salario que, obviamente, non está previsto nas contas. Cuestión de prioridades.

Pero se o goberno local non contrata persoal é sobre todo pola desastrosa xestión do persoal que fixo o PSOE durante 30 anos. Unha política a medida dos intereses clientelares do PSOE que provoca que 73 persoas contratadas polo Concello desde hai lustros e mesmo décadas sigan a ter un contrato laboral temporal. É mais, o PSOE negouse durante todo este tempo a regularizar a súa situación, mesmo cando as leis do PP non existían e podía facelo. Como ían perder semellante arma electoral, como renunciar a tal poder de coacción?
O BNG si que está co sector público e defenderá sempre servizos públicos de calidade, por encima de cálculos electoralistas, porque cremos que a aposta do PSOE polas privatizacións beneficia a moi poucos e non redunda en mellores prestacións.


Artigo publicado orixinalmente no xornal "Betanzos e a súa comarca" no mes de abril de 2018.

O PSOE continúa a privatizar servizos