Advertimos que non se está a realizar a supervisión do servizo de axuda no fogar
“Pensamos que o goberno ten que garantir o cumprimento do contrato coa empresa concesionaria tanto no relativo á calidade do servizo e atención ás persoas usuarias como no relativo as condicións laborais das traballadoras”
“Pensamos que o goberno ten que garantir o cumprimento do contrato coa empresa concesionaria tanto no relativo á calidade do servizo e atención ás persoas usuarias como no relativo as condicións laborais das traballadoras”
Betanzos, 2 de marzo de 2018. O BNG denuncia que non se está a realizar a supervisión do servizo de axuda no fogar nos domicilios segundo un informe que o propio goberno local achegou ao Pleno do pasado martes.
“Na documentación que nos achegan a este pleno ven algunha da solicitada sobre o servizo de axuda no fogar desde o pasado mes de novembro. Nun dos documentos a Inspección da Xunta constata que, contra a normativa deste Concello, non se está a realizar a supervisión do servizo cunha periodicidade de dous meses como é obrigado pola normativa”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río.
“Segundo asegura a inspección falta o control do servizo a partir de setembro de 2017. No propio informe da Xunta instase ao goberno a que obrigue á empresa concesionaria para que efectivamente realice as visitas aos domicilios coa periodicidade establecida e destas visitas se realicen os correspondentes informes”, engadiu o portavoz do BNG.
“Tiñan vostedes coñecemento desta situación? Agora que sabemos que o teñen, e que isto ven avalar o que dixemos en novembro, que medidas adoptaron para corrixilo?”, reclamou o nacionalista.
O BNG ven denunciando desde hai meses a situación do servizo de axuda no fogar mediante iniciativas propias e compartidas con outros grupos da oposición. “Pensamos que o goberno ten que garantir o cumprimento do contrato coa empresa concesionaria tanto no relativo á calidade do servizo e atención ás persoas usuarias como no relativo as condicións laborais das traballadoras”, indicou Del Río.