Insistimos en intervir xa no Pasatempo despois de producirse hoxe un novo desprendemento no Parque

Visita ao Pasatempo co deputado de Patrimonio
Visita ao Pasatempo co deputado de Patrimonio

Desde o BNG recordan que a Deputación ten dispostos os cartos do convenio para rehabilitar o parque pero seguen agardando a asinalo "porque o Concello aínda non ten proxecto para executalo"

As nacionalistas censuran que as contas do PP deixen novamente sen cartos a rehabilitación do parque do Pasatempo.

Insistimos en intervir xa no Pasatempo despois de producirse hoxe un novo desprendemento no Parque

Desde o BNG recordan que a Deputación ten dispostos os cartos do convenio para rehabilitar o parque pero seguen agardando a asinalo "porque o Concello aínda non ten proxecto para executalo"

As nacionalistas censuran que as contas do PP deixen novamente sen cartos a rehabilitación do parque do Pasatempo.

Betanzos, 25 de outubro de 2018. O BNG lamentou un novo desprendemento no Pasatempo que se levou para sempre o mural do barco a vapor da illa do Estanque do Retiro. "Hai anos que insistimos na urxencia de intervir no Pasatempo para salvalo da ruína e semella que o goberno local todo o fía a rezar para que non caia o noso patrimonio", explicou o portavoz municipal do BNG, Henrique del Río.

As nacionalistas lamentan, neste sentido, que "o goberno local non ten un plan con respecto ao Pasatempo". "Non hai proxecto para poñer en valor o parque, non se sabe que se quere facer con el", abundou Del Río. Desde o BNG recordan que a Deputación ten dispostos os cartos do convenio para rehabilitar o parque pero seguen agardando a asinalo "porque o Concello aínda non ten proxecto para executalo". Recordan que o anteproxecto para rehabilitar o parque foi presentado polo goberno local en 2016 e que "dous anos despois, aínda non hai nada".

"De feito, até hai un mes, nin sequera o Concello tiña fondos habilitados para actuar no Pasatempo, e será que non hai actuacións urxentes no parque desde hai anos", criticou o edil do BNG. As nacionalistas lembran que propuxeron varias veces destinar os cartos do plan de obras da Deputación- que deixa en Betanzos máis de 700 000 euros ao ano- a actuacións no Pasatempo. "É surrealista investir 280 000 euros, como aprobaron PSOE, PP e Marea, en amañar a pasarela de ferro para entrar a un parque a caer", ironiza.

"Imos seguir insistindo en que é fundamental adoptar medidas, medidas decididas e xa, deixarse de seguir a enredar con plans, estudos e informes, se queremos que as nosas fillas cheguen a ver o patrimonio que herdamos dos nosos pais", advirte Del Río. "Betanzos é sinónimo de patrimonio, a riqueza desta cidade vai vir necesariamente por poñer en valor o noso patrimonio, é o que nos fai diferentes e únicas como cidade", explica.

O PP tampouco pon cartos nos orzamentos deste ano para o Pasatempo

As nacionalistas censuran que as contas do PP deixen novamente sen cartos a rehabilitación do parque do Pasatempo. “O PP fartouse de demandar a declaración BIC do parque, de garantir apoios que non chegan e á hora da verdade evita poñer cartos para manter un patrimonio que a súa xestión e a do PSOE puxo ao bordo do colapso”, explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río. O ano pasado o BNG emendara as contas da Xunta pedindo 750 000 euros para a rehabilitación do parque e traballa xa nas emendas deste ano.
 

Insistimos en intervir xa no Pasatempo despois de producirse hoxe un novo desprendemento no Parque