O BNG pide no Pleno melloras no polígono industrial de Piadela
No BNG esixen que se solucionen estes problemas e que se leve a cabo unha mellora xeral no aspecto que presentan a zona industrial, así como o mantemento do mobiliario e dos servizos do polígono de Piadela.
Betanzos, 3 de xaneiro de 2023.- O BNG de Betanzos presentou unha iniciativa plenaria para solicitar melloras na urbanización e nos servizos do polígono industrial de Piadela, logo das queixas das persoas traballadoras e do empresariado. Non é a primeira vez que no BNG trasladan estas peticións, sen que as súas reivindicacións foran atendidas polo goberno local.
Segundo a súa voceira, Amelia Sánchez, “nas pasadas semanas, tanto os propietarios como os traballadores fixéronnos chegar, unha vez máis, a problemática que afecta a boa parte do polígono: estradas co firme nun estado lamentábel e con numerosos baches; iluminación escasa e deficiente; escasa limpeza nas beirarrúas e nas beiravías e problemas para a xestión e a recollida do lixo”.