O BNG solicita melloras na sinalización viaria do Concello de Betanzos
As nacionalistas trasladaron as petición de numerosas veciñas e veciños, que lles expresaron o seu malestar pola falta de pintado e polo estado xeral das marcas viarias que presentas as estradas e as rúas do municipio
Betanzos, 10 de xaneiro de 2023.- O BNG de Betanzos presentou unha iniciativa plenaria coa finalidade de solucionar os problemas que a sinalización viaria presenta no concello brigantino.
En palabras da súa voceira, Amelia Sánchez, “xa na sesión plenaria do mes de outubro, no BNG formulabamos unha pregunta sobre o pintado dos cruzamentos da estrada NVI, principalmente os da Madalena, a Ponte Nova e a Espantosa pola perigosidade que supoñían para o tráfico rodado e para a seguridade dos peóns”.
Nesta ocasión, as nacionalistas trasladaron as petición de numerosas veciñas e veciños, que lles expresaron o seu malestar pola falta de pintado destes e doutros cruzamentos, así como polo estado xeral das marcas viarias que presentas as estradas e as rúas do municipio. Asemade, “os pasos de peóns aparecen semiborrados en moitos casos, as marcas viarias dos cruzamentos son invisíbeis na maioría deles e cómpre mellorar a seguridade viaria en xeral”, engadiu a voceira Sánchez.
No BNG esixen que o goberno local tome as medidas que sexan necesarias para solucionar esta problemática, que afecta á circulación viaria, mais tamén pon en perigo aos peóns e aos outros usuarios das rúas brigantinas.