O BNG insistiu na necesidade de actuar para erradicar o plumacho
“Polo que vemos, no mellor dos casos, o que está facendo o Concello e desbrozar as parcelas e lugares públicos na que prolifera esta planta no momento en que está floreada, como na actualidade, contribuíndo así á expansión das sementes e empeorando o problema”. Demandan que se actúe tamén contra a velenosa herba tintureira.
“Polo que vemos, no mellor dos casos, o que está facendo o Concello e desbrozar as parcelas e lugares públicos na que prolifera esta planta no momento en que está floreada, como na actualidade, contribuíndo así á expansión das sementes e empeorando o problema”. Demandan que se actúe tamén contra a velenosa herba tintureira.
Betanzos, 30 de setembro de 2016. O BNG trasladou de novo ao Pleno a problemática das especies invasoras, concretamente dos ‘plumachos’ ou ‘herba da pampa’. “En outubro de 2015 aprobouse por unanimidade unha moción do BNG na que se pedía un plan para erradicar a ‘herba da Pampa’ e unha campaña informativa entre a veciñanza para advertir dos perigos que entrañan tanto esta coma outras especies invasoras”, explicou o portavoz nacionalista, Henrique del Río.
“Non nos consta que se fixese absolutamente nada ao respecto: nin un bando informativo, nin unha campaña entre a veciñanza, nin sequera erradicar o “plumacho” dos inmobles de titularidade municipal” indicou o edil do BNG. De feito, engade, “no orzamento aprobado con posterioridade polo goberno local, co apoio de BN e CxG, de feito nin sequera hai fondos consignados para esta medida aprobada polo Pleno”, engadiu del Río.
Desde o BNG pediron ao goberno local información sobre as medidas que levaron adiante até o momento neste sentido, e en caso negativo sobre os motivos da falta de actuación. “Polo que vemos, no mellor dos casos, o que está facendo o Concello e desbrozar as parcelas e lugares públicos na que prolifera esta planta no momento en que está floreada, como na actualidade, contribuíndo así á expansión das sementes e empeorando o problema”, explicou Del Río.
Recordan, ademais, da grave incidencia desta planta no medio, nos cultivos e mesmo na conservación de infraestruturas públicas e os seus efectos sobre a saúde das persoas con problemas respiratorios. As nacionalistas lembran que, segundo as leis españolas, está prohibida a tenencia desta especie a causa dos danos que provoca.
Herba tintureira
As nacionalistas preguntaron no Pleno tamén polos plans do executivo local sobre a “herba tintoreira”, outra especie invasora que está inzando espazos públicos, co perigo adicional de que os seus froitos son velenosos.