”DESDE O BNG CONSIDERAMOS QUE ESTA CUESTIÓN SUPÓN UNHA OPORTUNIDADE PARA INFORMAR Á VECIÑANZA CON DETALLE DO PROCESO DE RECICLADO E DE COMO UTILIZAR O NOVO COLECTOR E OS XA EXISTENTES”
O BNG demanda charlas informativas sobre o novo colector do lixo

Betanzos, 10 de febreiro de 2025. O BNG propuxo no Pleno que se organicen charlas informativas entre a veciñanza sobre os cambios nos colectores do lixo que o Consorcio das Mariñas ten en Betanzos. A concelleira nacionalista VanesSA Rey indicou que “nas semanas pasadas, o Consorcio-Mancomunidade das Mariñas procedeu a iniciar a colocación dos novos colectores grises para avanzarmos na reciclaxe e no tratamento integral dos residuos, así como para facer máis eficaz a xestión dos descartes do lixo”.
“Eses colectores só foron instalados nalgúns puntos do concello e, ao mesmo tempo, mandouse unha carta informativa a todas as casas”, indicou. ”Desde o BNG consideramos que esta cuestión supón unha oportunidade para informar á veciñanza con detalle do proceso de reciclado e de como utilizar o novo colector e os xa existentes” engadiu.
Por este motivo, propuxo ao executivo local organizar un ciclo de charlas sobre os novos colectores e o modo correcto de usar cada un “nas diferentes parroquias e no barrios do núcleo urbano de Betanzos”
Recolocación de colectores
As nacionalistas demandaron unha vez máis ao goberno local que comunique ao Consorcio das Mariñas unha nova colocación das illas de colectores de lixo que non supoñan un perigo para a seguridade viaria.
“Xa trouxemos varias veces a pleno casos de cruces sen visibilidade a causa da colocación dos colectores, beirarrúas inutilizadas porque están invadidas por contenedores de lixo,.. é hora de priorizar a seguridade da veciñanza sobre a comodidade para a recollida do lixo”, conclúe.