O BNG URXE AO GOBERNO LOCAL A REPARAR O ESTADO DAS BEIRAVÍAS E DO FIRME DA RÚA
O BNG volve demandar a reparación de beirarrúas e calzada en Meléndez de Texeda

Betanzos, 19 de febreiro de 2025. O BNG volveu demandar no pleno o amaño das beirarrúas na rúa Úrsula Meléndez de Texeda. “No pleno de novembro de 2024, faciámonos eco das inquedanzas da veciñanza da rúa Úrsula Meléndez de Texeda e da súa prolongación polo estado da súa rúa e no pleno seguinte, o voceiro do grupo local indicounos que non existía tal necesidade e que as beirarrúas e o firme da rúa estaban en perfecto estado” recordou a concelleira do BNG Vanessa Rey.
“Esta resposta non se corresponde coa realidade visíbel” ironizou a edila do BNG, que volveu trasladar o malestar da veciñanza da zona, no remate da rúa do Rollo nas Cascas. Por este motivo, o BNG urxe ao goberno local a reparar o estado das beiravías e do firme da rúa