Levamos a pleno o malestar da veciñanza da Condesa pola colocación dos colectores
“Obrigan a saír á calzada xa que ocupan a beirarrúa”. "É unha cuestión de simple vontade política, sen custo económico, pero hai que facelo e, ao que se ve, ao PSOE non lle leva idea"
“Obrigan a saír á calzada xa que ocupan a beirarrúa”. "É unha cuestión de simple vontade política, sen custo económico, pero hai que facelo e, ao que se ve, ao PSOE non lle leva idea"
Betanzos, 2 de outubro de 2018. O BNG trasladou ao Pleno o malestar da veciñanza da Condesa ante a ubicación dos colectores do lixo. "Obrigan a saír á calzada, porque ocupan a beirarrúa" explica o edil nacionalista, Henrique del Río.
"É un problema que practicamente trouxemos todos os grupos da oposición nalgún momento e que o goberno local sempre dixo que solventaría", recorda Del Río. "Mais o certo é que persiste en moitos puntos da cidade, onde os colectores complican incorporacións en cruzamentos (como na rúa dos Ánxeles), impiden a visibilidade en pasos de peóns (na do Rollo, ou en zona escolar, fronte ao CEIP Vales Villamarín na Madalena) ou mesmo o tránsito con cadeiras de rodas ou carros de crianzas (na rúa dosCaneiros), por citar algúns exemplos" relata.
O voceiro nacionalista demandou "urxencia" ao executivo local para poñer fin a esta situación. "É unha cuestión de simple vontade política, sen custo económico, pero hai que facelo e, ao que se ve, ao PSOE non lle leva idea", engade. "Semella que no goberno consideran preferente a comodidade da empresa de recollida do lixo sobre a seguridade viaria para a nosa veciñanza" lamenta.