Advertimos no Pleno do deterioro do auditorio e o templete da parte nova do Pasatempo

20170712_210342
Un detalle do deterioro do auditorio

“É un perigo para a seguridade das persoas que visitan o parque, e canto máis tempo pase con esta situación, as deficiencias van ir a peor e vai custar máis reparalas”

Advertimos no Pleno do deterioro do auditorio e o templete da parte nova do Pasatempo

“É un perigo para a seguridade das persoas que visitan o parque, e canto máis tempo pase con esta situación, as deficiencias van ir a peor e vai custar máis reparalas”

Betanzos, 16 de setembro de 2017. O BNG trasladou ao Pleno o deficiente estado de conservación de varios edificios da parte nova do Pasatempo. O voceiro nacionalista, Henrique del Río, relatou, a modo de exemplo, que “o escenario do auditorio ten en moitos puntos a ferralla da armazón á vista- enferruxada, co que conleva-, encofrados igualmente á vista, a pérgola da illa ten desprendementos da pedra, ferrallas levantadas e á vista, os aseos distan moito de poder cualificarse como servizos sanitarios polo seu estado de conservación, limpeza e filtracións...”
 
As nacionalistas explican que “todos estes elementos quedan fóra do ámbito para o que se propón a catalogación patrimonial, polo que nada impide ao goberno local conservar debidamente todos estes edificios”. “Mais non o fai” denunciou o voceiro do BNG, chamando a atención sobre o perigo que isto representa para as persoas que visitan o parque, nomeadamente os cativos e cativas.
 
Advirten, ademais, de que “canto máis tempo pase con esta situación, as deficiencias van ir a peor e vai custar máis reparalas” polo que urxen ao goberno local a atallar a situación antes de que sexa tarde.
 
Por este motivo, desde o BNG demandaron ao executivo local prazos concretos para solucionar todas estas deficiencias. “Non hai fondos para este tipo de investimento nos orzamentos que acaban de aprobar o PSOE e os seus socios, polo que non sabemos con que financiamento contan con facelo, no caso de que vaian actuar sobre todos estes desperfectos antes de que vaian a máis”, explican as nacionalistas.

Advertimos no Pleno do deterioro do auditorio e o templete da parte nova do Pasatempo