AS NACIONALISTAS EXIXEN TAMÉN Á XUNTA QUE CONCLÚA A RENOVACIÓN DAS PLANTAS DE CAPTACIÓN E POTABILIZACIÓN QUE COMPROMETEU EN 2016 E AÍNDA ESTÁN POR REMATAR

O BNG pide información no Parlamento de Galiza sobre os vertidos que puideron provocar o brote de gastroenterite en Betanzos

Amelia Sánchez, portavoz municipal do BNG, e Mercedes Queixas, deputada

As nacionalistas exixen tamén á Xunta que conclúa a renovación das plantas de captación e potabilización que comprometeu en 2016 e aínda están por rematar

"Vimos advertindo desde hai moitos anos que tarde ou cedo, todo o que vertemos aos ríos acaba afectando á saúde, tanto do ecosistema como das persoas e este episodio tristemente veu confirmar, do peor xeito posíbel, as nosas advertencias", explica a portavoz municipal do BNG betanceiro, Amelia Sánchez

O BNG pide información no Parlamento de Galiza sobre os vertidos que puideron provocar o brote de gastroenterite en Betanzos

As nacionalistas exixen tamén á Xunta que conclúa a renovación das plantas de captación e potabilización que comprometeu en 2016 e aínda están por rematar

"Vimos advertindo desde hai moitos anos que tarde ou cedo, todo o que vertemos aos ríos acaba afectando á saúde, tanto do ecosistema como das persoas e este episodio tristemente veu confirmar, do peor xeito posíbel, as nosas advertencias", explica a portavoz municipal do BNG betanceiro, Amelia Sánchez

Betanzos, 21 de xuño de 2023. O BNG pide información no Parlamento de Galiza sobre os verquidos que pudieron provocar o brote de gastroenterite en Betanzos. “Para aclarar as circunstancias en que se produciu o surto de gastroenterite que afecta a Betanzos desde finais de maio rexistramos varias iniciativas no Parlamento nas que esiximos transparencia sobre o que está a acontecer no río Mendo e, que a Xunta finalice as obras de renovación da captación betanceira, anunciadas en 2016 e sen rematar a día de hoxe”, explicou a deputada do BNG, Mercedes Queixas

Queixas demanda ao goberno do PP que informe "publicamente de todos os procedementos de control, así como os resultados das diferentes analíticas, de verquidos ao río Mendo e á ría de Betanzos, nomedamente os realizados sobre o recente episodio que causou o brote de gastroenterite en Betanzos".

As nacionalistas lembran que os vertidos ao Mendo son unha constante desde hai anos e que o BNG ven denunciando recorrentemente episodios de vertidos ao río no que Betanzos ten a captación da súa traída, "sexan puntos de vertedura descoñecidos e de índole particular como debido aos fallos da rede pública de saneamento dos distintos concellos que dan beira con el"

Neste sentido, recordan que en 2016 e a causa doutra intoxicación de varias persoas na área de baño de Reboredo a causa dun vertido de augas fecais a Xunta e o Concello de Oza-Cesuras, ambos gobernados polo PP, resolveron riscar Reboredo das zonas de baño de Galiza, no lugar de acometer as melloras nas redes de saneamento e vixilancia ambiental do cauce que debera terse realizado".

Por este motivo, exixen á Xunta de que informe sobre o número e carácter dos vertidos que ten detectado no Mendo no que vai de ano e sobre as, medidas tomou Augas de Galiza para evitar estes vertidos que afectan ao río Mendo e á Ría de Betanzos e que se veñen repetindo nos últimos anos e a frecuencia das inspeccións realizadas no río.

Por outra banda, demandan que se fagan públicos os resultados das últimas analíticas efectuadas e confirmar se son ou non a causa do brote de gastroenterite en Betanzos. Neste sentido, as deputadas do BNG demandan á Xunta do PP que aclare se ten localizado deficiencias nos procesos depurativos das plantas de tratamento de augas residuais situadas en toda a conca do río Mendo augas arriba dacaptación da Acea (Betanzos), identificando as plantas de tratamento e o tipo de depuración que realizan.

"Vimos advertindo desde hai moitos anos que tarde ou cedo, todo o que vertemos aos ríos acaba afectando á saúde, tanto do ecosistema como das persoas e este episodio tristemente veu confirmar, do peor xeito posíbel, as nosas advertencias", explica a portavoz municipal do BNG betanceiro, Amelia Sánchez.

Concluír as obras da traída de Betanzos

Na súa exposición, as deputadas do BNG recordan, do mesmo xeito, que aínda non estan rematadas as obras de renovación da planta potabilizadora do Coto, en Betanzos. Un convenio de 2016 establecía a renovación de captación e tratamento, mais as sucesivas prórrogas recurtaron o alcance da actuación, que a día de hoxe aínda dista de estar concluída. Así, Queixas demanda prazos concretos para a Xunta acometer as melloras no servizo de abastecemento de auga e a capacidade dos procesos de potabilización, comprometidas desde 2016 e non executadas.

O BNG pide información no Parlamento de Galiza sobre os vertidos que puideron provocar o brote de gastroenterite en Betanzos