Satisfeitas ao coñecer que a Xunta de Goberno decidira actuar contra a empresa Visecorsa despois de anos de denuncias
As nacionalistas pediron no Pleno de marzo que se realizasen inspeccións municipais e que se solicitase da Xunta un control sobre a afectación ao medio da actividade desta empresa. Polo que parece o goberno local decidiu trasladalo ao Laboratorio de Medio ambiente da Xunta e instar á empresa a controlar as emisións de fumes.
O BNG propón que se negocie coa empresa o seu traslado ao Polígono de Piadela
As nacionalistas pediron no Pleno de marzo que se realizasen inspeccións municipais e que se solicitase da Xunta un control sobre a afectación ao medio da actividade desta empresa. Polo que parece o goberno local decidiu trasladalo ao Laboratorio de Medio ambiente da Xunta e instar á empresa a controlar as emisións de fumes.
O BNG propón que se negocie coa empresa o seu traslado ao Polígono de Piadela
Betanzos, 11 de maio de 2018. O BNG mostrou a súa satisfacción ao coñecer que a Xunta de Goberno decidira actuar contra a empresa Visecorsa despois de anos de denuncias sobre os fumes e ruídos que esta fábrica emite a carón das vivendas, na zona de Talai.
“No Pleno do Pasado mes de marzo denunciamos que a empresa estivo o xoves 22 de marzo durante toda a tarde e até entrada a noite esta empresa emitiu un fume negro e denso visíbel perfectamente mesmo desde o centro de Betanzos que volveu desatar as queixas da veciñanza de Talai e dos veciños e veciñas de Betanzos”, explicou o portavoz do BNG, Henrique del Río. O portavoz nacionalista recordou que “cando esta empresa se instalou na antiga fabrica de Maderas Betanzos xa advertimos que non era un serradoiro nin unha pequena empresa familiar e que, polo tanto, non era o lugar para que se establecera unha empresa coma esta, mais o goberno local ignorou as nosas peticións e as da veciñanza de Talai”.
Os nacionalistas pediron no Pleno de marzo que se realizasen inspeccións municipais e que se solicitase da Xunta un control sobre a afectación ao medio da actividade desta empresa. “Polo que parece o goberno local decidiu trasladalo ao Laboratorio de Medio ambiente da Xunta e instar á empresa a controlar as emisións de fumes”, engadiu o portavoz nacionalista. O goberno ten que actuar con firmeza diante para esixir que se cumpra a normativa a estas empresas que teñen actividades molestas para a veciñanza. “Xa advertimos no seu momento de que non era lugar para instalar unha empresa destas características”, concluíu o portavoz do BNG.
Propoñemos que se negocie coa empresa o seu traslado ao Polígono de Piadela
“Pensamos que a mellor opción, ademais de obrigar á empresa a cumprir a normativa ambiental, é negociar un traslado ao polígono industrial que é o espazo máis adecuado para este tipo de empresas que teñen actividades que poden ser molestas para a veciñanza e non, desde logo no medio das casas. O goberno local podería aproveitar a redacción do Plan Xeral que acaba de contratar para negociar este cambio de ubicación”, engadiu o portavoz nacionalista.