O BNG de Betanzos renova o seu Consello Local e marca como obxectivo reforzarse de cara ás municipais de 2027

María Bonome asume a responsabilidade local apostando por un proxecto cohesionado e comprometido coa veciñanza de Betanzos

O BNG de Betanzos renova o seu Consello Local e marca como obxectivo reforzarse de cara ás municipais de 2027

Betanzos, a 17 de xaneiro de 2025. O BNG elixiu o seu Consello Local dentro do proceso da XVIII Asemblea Nacional do BNG, celebrada o pasado 1 de decembro en Santiago de Compostela. O novo consello local traballará para seguir reforzando a organización e o traballo social. “Temos o compromiso de seguir reforzando o BNG de Betanzos e traballando man a man coa veciñanza para construír a alternativa que Betanzos precisa”, explicou María Bonome.

A nova dirección local do BNG de Betanzos reafirma o seu compromiso coa estratexia que consolidou a organización como unha forza política clave no municipio, mirando cara ao obxectivo de acadar a alcaldía en 2027, tras o histórico avance das últimas eleccións municipais.

O novo Consello Local, liderado por María Bonome, busca reforzar o proxecto político do BNG para o Concello de Betanzos e está composto por Vanessa Rey, Salvador González e Amelia Sánchez, do Grupo Municipal do BNG, máis Henrique del Río e Andrés Otero Botana, que foron portavoces do BNG, Cristina López, ex-responsábel comarcal, Beatriz Muíño e Moncho Bouzas, antigo responsábel local do BNG de Muros.

O BNG de Betanzos renova o seu Consello Local e marca como obxectivo reforzarse de cara ás municipais de 2027