O BNG urxe a recuperar o Parque do Pasatempo e situalo de maneira destacada dentro do patrimonio cultural de Betanzos
O candidato do BNG, Xosé Luís Rivas mostra o seu compromiso para elaborar un estudo da actual situación do Parque betanceiro e iniciar a súa recuperación por fases. Avoga por trasladar a vía de tráfico que divide o parque en dúas partes e liberalo da pasarela de ferro que dana gravemente unha das principais grutas
Betanzos, 2 de xullo, 2020.- O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas mantivo un encontro con representantes da directiva da Asociación Amigos do Parque do Pasatempo, acompañado polo portavoz municipal, Henrique del Río, a responsable comarcal, Cristina López e membros do BNG da comarca.
Rivas mostrou o seu compromiso coa recuperación do parque e propuxo a elaboración dun estudo sobre a súa situación para iniciar a “súa recuperación por fases”. Por outra banda, considerou necesario cambiar o actual trazado da estrada que divide o parque e eliminar a pasarela de ferro deteriorada que o une e está a prexudicar gravemente unha das principais grutas.
O candidato nacionalista sinalou que o parque debe contar cun lugar papel destacado dentro do patrimonio cultural de Betanzos e no agardar máis pola súa restauración. O Parque do Pasatempo, dixo, “sofre un grave deterioro” e as institucións, sobre todo Patrimonio debe “tomar cartas no asunto” e impedir a perda da grande contribución da familia García Naveira, emigrantes de orixe local que emprenderon un gran número de obras benéficas en toda a comarca sendo a construcción do Parque do Pasatempo un espazo que recolle entre outros elementos: fontes, estanques, representacións mitolóxicas, murais ilustrativos, covas, un aditorio ao aire libre, reloxos de sol e unha sección dedicada ás novas tecnoloxías. O parque comezou a súa contrucción a finais do século XIX e representa un importante elemento didáctico, lugar de lecer e espazo bótanico e histórico.
Rivas afirmou que “un goberno do BNG na Xunta” non deixará abandonado este legado e iniciará o estudo para a súa recuperación. O Parque do Pasatempo, declarado Ben de Interese cultural o pasado mes de febreiro precisa de atención e convertelo nun elemento dinamizador dentro do camiño inglés. Por outra parte, lembrou que o BNG acadou un acodo unánime no Parlamento galego para comezar as obras de recuperación pero unha vez máis, recalcou, o nacionalista, “o Partido popular deixou en papel mollado o acordado”. Se o 12 xullo o BNG conta con responsabilidades de goberno na Xunta “retomará as demandas da Asociación Amigos do Parque do Pasatempo” e iniciará o “estudo para a súa recuperación por fases”.