O BNG denuncia que o goberno local non aplica o seu propio regulamento de locais sociais
Non aplicar o regulamento que o PSOE promoveu está provocando moitos problemas de relación entre a veciñanza
Betanzos, 10 de xaneiro de 2013. O BNG respaldou esta mañá a movilización dos veciños e veciñas de Tiobre para reclamar ao goberno local que poña solución aos problemas que xenera o uso do local social da parroquia por parte de dúas entidades veciñais. Os edís María Otero e Henrique del Río, xunto con membros do Consello Local do BNG, acompañaron a unha veciñanza que exhibía carteis reclamando a dimisión da concelleira de participación cidadá, Mónica Carneiro, por non solucionar este problema.
O goberno local do PSOE non garante que toda a veciñanza teña acceso aos locais sociais construídos con cartos de todas e todos, asegurou o voceiro do BNG, Henrique del Río. O nacionalista lembrou que en xullo e outubro o BNG xa levou este asunto ao Pleno e o goberno local do PSOE asegurou que o problema xa estaba solucionado. Para que fan un regulamento que logo non teñen pensado cumprir? cuestionou no Pleno o voceiro do BNG.
Os nacionalistas insisten en que a actitude irregular do goberno local do PSOE xenera un agravio entre entidades e colectivos ao aplicar o regulamento a uns si e outros non. Non aplicar o regulamento que o PSOE promoveu está provocando moitos problemas de relación entre a veciñanza, advertiu, o goberno local deriva ás asociacións a coordinación dos locais que ten que asumir o propio goberno e impide que accedan aos locais asociacións, como o caso de Mirabal- de vítimas da violencia machista- que levamos varias veces ao Pleno.
Diante desta situación, o BNG pediu no Pleno un informe xurídico para coñecer o alcance e as consecuencias da falta de actuación do goberno local neste tema. Está demostrado que a concelleira de participación cidadá mentiu no Pleno cando dixo que o problema no local de Tiobre estaba solucionado en outubro, indicou Del Río, que recordou que por mentir ao Pleno sobre as sentenzas do GRUMIR xa pedimos a dimisión do concelleiro de persoal, que aínda segue no cargo.