O BNG COMPROMETEUSE A HABILITAR TRES MIRADORES SOBRE A RÍA NOS LUGARES DE VISTALEGRE, EN VIÑAS, NA SUBIDA Á INFESTA E A FONTAÍÑA, EN TIOBRE.

Comprometémonos a habilitar miradores sobre a Ría de Betanzos

ARUME_9878

O nacionalista recordou que, no caso concreto de Vistalegre, ademais, o Concello conta xa cos terreos necesarios para facelo, pois un veciño legou ao municipio, hai anos, varias parcelas para este cometido. “Sería só que os servizos municipais redactasen o proxecto e executalo”

Comprometémonos a habilitar miradores sobre a Ría de Betanzos

Betanzos, 12 de maio de 2019. O BNG comprometeuse a habilitar tres miradores sobre a ría nos lugares de Vistalegre, en Viñas, na subida á Infesta e A Fontaíña, en Tiobre. “Son tres atalaias naturais sobre a Ría, desde Betanzos até o Pedrido, e cun investimento mínimo poden ser un atractivo máis para Betanzos”, explicou o candidato á Alcaldía, Henrique del Río.

O nacionalista recordou que, no caso concreto de Vistalegre, ademais, o Concello conta xa cos terreos necesarios para facelo, pois un veciño legou ao municipio, hai anos, varias parcelas para este cometido. “Sería só que os servizos municipais redactasen o proxecto e executalo” abundou.

No BNG cren que “con estes miradores se incrementaría a oferta turística de Betanzos”. “Son pequenas actuacións, como a área de autocaravanas que propuxemos durante lustros, que multiplican os atractivos da cidade e que, neste caso, poñen en valor o patrimonio paisaxístico e natural da ría”, engade Del Río.

Un miradoiro para a cidade histórica desde o cemiterio

No mesmo sentido,  e garantindo o respecto ao camposanto, as nacionalistas propoñen un programa de visitas guiadas ao cemiterio histórico. “Ten un valor histórico, artístico e botánico de primeira magnitude, e unha das mellores vistas do Casco Histórico que podemos ofrecer”, explica Del Río.

Paneis informativos sobre a cidade

En ambos casos, as nacionalistas propoñen completar o deseño destes miradoiros coa instalación de paneis informativos que ofrezan unha indicación sobre os valores naturais e patrimoniais de Betanzos e a ría. “No cemiterio sobre o skyline da cidade histórica indicaremos cada edificio monumental singular”, conclúen.

Comprometémonos a habilitar miradores sobre a Ría de Betanzos