O BNG lamenta que a Xunta se negue pedir garantías ambientais para o paseo do Mandeo
A Xunta, nunha resposta que non se cingue para nada á realidade, di que non haberá que facer desmontes para executar este paseo
Por non examinar a fondo o proxecto, a Xunta arrastra na resposta parlamentaria a mentira que lle contou por carta o alcalde de Betanzos
Betanzos, 20 de marzo de 2015. O BNG lamentou que a Xunta se negue a reclamar garantías ambientais adicionais para o paseo que o goberno local de Betanzos e a Deputación pretenden construír á beira do Mandeo en plena liña de marea. O goberno galego denega máis controis ambientais copiando literalmente a carta que lle remitiu o alcalde, que recolle unha información que non é completamente correcta, xa que di que o proxecto só ten pequenas variacións con respecto ao do ano 2010 cando a realidade é outra como vimos denunciando, explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
O alcalde di que hai unha variación no tocante á execución dunha serie de melloras na rede de saneamento existente no subtramo urbano do núcleo de Betanzos explicou Del Río. Este tramo é o das hortas da Cañota e é mentira que se vaian facer melloras na rede de saneamento basicamente porque aí non hai ningunha rede de saneamento, denuncian. Por non examinar a fondo o proxecto, a Xunta arrastra na resposta parlamentaria a mentira que lle contou por carta o alcalde de Betanzos, explican.
De feito, o proxecto que impulsa o goberno local do PSOE prevé construír unha canalización de PVC con arquetas de formigón totalmente nova dentro da liña de deslinde do río abunda. E a variación no subtramo de bosque pertencente ao subtramo 1 da que fala o alcalde é o desmonte e pasarela pilotada pola ladeira do monte da fonte dos Ánxeles, explica. Sen embargo, a Xunta, nunha resposta que non se cingue para nada á realidade, di que non haberá que facer desmontes para executar este paseo, relata.
Por non examinar a fondo o proxecto, a Xunta arrastra na resposta parlamentaria a mentira que lle contou por carta o alcalde de Betanzos
A ver se cando veñan a facer campaña a Betanzos o PP os leva ao monte dos Ánxeles para que vexan a realidade que non queren coñecer nos papeis, ironizou o edil do BNG. Este é o resultado de levar ás presas este asunto, engaden desde o BNG. Xa di a Xunta na súa resposta que o Concello pode facer o que queira, que total o Mandeo terma con todo porque ten 'unha grande capacidade de acollida', ironizou Del Río.
Na súa carta o alcalde esquece explicar que hai outra variación logo ao pasar unha pasarela de madeira pilotada polo Carrizal de San Xiao que a Xunta advertiu en 2010 que non se tocase, ironiza o edil do BNG. Unha media verdade é unha media mentira e cremos que responde á intención que tiña o goberno local do PSOE de evitar a avaliación ambiental do proxecto, explica Del Río. Ironicamente, en 2010 a Xunta advertía que non se tocara o carrizal e agora dan por bo que se meta unha pasarela por unha parte do mesmo con tal de non revisar a fondo o proxecto, afirman os nacionalistas.
A Xunta, nunha resposta que non se cingue para nada á realidade, di que non haberá que facer desmontes para executar este paseo
O PP na Xunta e na Deputación e o PSOE no goberno local están completamente de acordo en non exixir garantias medioambientais e seguir adiante cun proxecto que vai costar 543 mil euros de cartos públicos en estragar a beira do Mandeo, indicou Del Río. A pesar dos esforzos que fan para facernos crer que son diferentes porque se achegan as eleccións o certo é que teñen a mesma preocupación polo medio e defenden as mesmas prioridades, concluíu.