O BNG solicita revisións de seguridade nas instalacións dos postos e das atraccións das festas

O BNG solicita revisións de seguridade nas instalacións dos postos e das atraccións das festas

Betanzos, 6 de agosto de 2025. O BNG de Betanzos presentou unha iniciativa plenaria co fin de solicitarlle ao goberno municipal que faga un seguimento da instalación dos diferentes postos e atraccións que chegan para participar nas festas de agosto, co fin de garantir a seguridade na instalación destes postos.

Segundo a concelleira Amelia Sánchez, “os veciños e veciñas advertíronnos sobre os problemas de seguridade que provoca a instalación eléctrica durante a Feira Franca Medieval e, tamén, en pasadas edicións das festas de agosto. Os numerosos postos de alimentación, de xogos ou de vendas non sempre se conectan á rede eléctrica seguindo a normativa vixente e estes incumprimentos poderían chegar a provocar serios accidentes por descargas”.

As nacionalistas advertiron que, nos últimos meses, son múltiples os casos de accidentes pola incorrecta instalación de postos ou de atraccións ao longo do país, polo que lle solicitan ao equipo de goberno que realice unha revisión rigorosa destes elementos para evitar sustos ou problemas no futuro.

O BNG solicita revisións de seguridade nas instalacións dos postos e das atraccións das festas