AS NACIONALISTAS CHAMAN A ATENCIÓN SOBRE AS RESPONSABILIDADES QUE PARA O CONCELLO PODE TER QUE UNHA DAS PERSOAS ALLEAS AO CONCELLO QUE USAN OS SEUS VEHÍCULOS, POLO MOTIVO QUE SEXA, TEÑA UN ACCIDENTE OU PERCANCE GUIANDO UN VEHÍCULO DE TITULARIDADE MUNICIPAL.

O BNG demanda que o goberno local controle o parque móbil municipal para evitar percances

O grupo municipal do BNG
O grupo municipal do BNG

As nacionalistas chaman a atención sobre as responsabilidades que para o Concello pode ter que unha das persoas alleas ao Concello que usan os seus vehículos, polo motivo que sexa, teña un accidente ou percance guiando un vehículo de titularidade municipal.

O BNG demanda que o goberno local controle o parque móbil municipal para evitar percances

Betanzos, 6 d xuño de 2025. O BNG alertou do perigo que supón que persoal alleo ao Concello e ás súas contratas utilice o parque móbil municipal. A voceira nacionalista Amelia Sánchez explicou no Pleno que “varias persoas que nos teñen trasladado que persoal que non pertence ao cadro de persoal do Concello vén utilizando recorrentemente vehículos do parque móbil municipal”.

Neste sentido, as nacionalistas chaman a atención sobre as responsabilidades que para o Concello pode ter que unha destas persoas, polo motivo que sexa, teña un accidente ou percance guiando un vehículo de titularidade municipal. “Cubriría o seguro un eventual accidente ou percance de utilizar o coche algunha persoa allea á administración municipal ou mesmo aos servizos que teñen vehículos asignados?” preguntouse.

Por este motivo, as nacionalistas demandaron ao goberno local que “deixe de consentir estas situacións expoñendo a toda a veciñanza a facerse responsábel destas condutas” e a identificar aos responsábeis “da custodia dos vehículos do municipio” para pór fin a estas situacións.

O BNG demanda que o goberno local controle o parque móbil municipal para evitar percances