AS NACIONALISTAS INSISTEN NOVAMENTE NA “NECESIDADE DE INSTALAR UNHA VARANDA DE PROTECCIÓN NO PEITORIL DA BEIRA DO RÍO, PARA ASÍ EVITAR POSÍBEIS CAÍDAS OU ACCIDENTES.
O BNG traslada o malestar da veciñanza da Galera polo deterioro do firme do paseo
As nacionalistas insisten novamente na “necesidade de instalar unha varanda de protección no peitoril da beira do río, para así evitar posíbeis caídas ou accidentes.
08 xul. 2025 - 17:15
Betanzos, 7 de xuño de 2025. O BNG trasladou ao Pleno o malestar da veciñanza da Galera polo mal estado que presenta o paseo fluvial. “O pavimento do paseo e os elementos do mobiliario urbano que o compoñen (fontes ou banco) están moi deteriorados e o chan compromete a seguridade das persoas que o frecuentan” alerta a voceira nacionalsita, Amelia Sánchez.
Do mesmo xeito, as nacionalistas insisten novamente na “necesidade de instalar unha varanda de protección no peitoril da beira do río, para así evitar posíbeis caídas ou accidentes. Por este motivo, o BNG urxe a acometer estas actuacións no paseo da Galera. “Non supoñen grandes actuacións cun custo elevado, só dependen da vontade de acometelas” conclúen.