O BNG solicita a adhesión de Betanzos á rede galega de concellos emprendedores
Betanzos, 24 de marzo de 2026. O BNG presentou unha iniciativa plenaria para que Betanzos se una á rede de concellos emprendedores, creada en 2017 polo goberno galego en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Este organismo ten como obxecto fundamental favorecer a implantación e o funcionamento das iniciativas empresariais.
Para formar parte desta rede, os concellos deben comprometerse a proporcionarlles ás empresas e ás persoas emprendedoras incentivos fiscais e unha simplificación administrativa, así como facilidades de acceso a solo industrial.
Segundo a concelleira do BNG, Amelia Sánchez, “ao non formar parte desta rede, as persoas que decidan emprender no noso municipio vense discriminadas fronte a outras, ao partiren cunha desvantaxe de até 3 puntos nas subvencións por concorrencia competitiva”.
“Trátase dun trámite que pode resultar beneficioso para as futuras emprendedoras do noso concello!, afirmou Sánchez.