"SE SEMPRE DICIMOS QUE AS ÁRBORES SON PATRIMONIO, PARA CANTO MÁIS ESTA QUE É DAS POUCAS ÁRBORES CENTENARIAS QUE TEMOS NA NOSA CIDADE E QUE SUMA PATRIMONIO NATURAL E HISTÓRICO"

Pedimos no Pleno un programa de coidados específicos para o magnolio centenario de Lanzós

As nacionalistas demandan que se planten máis árbores nos espazos públicos do concello e que o goberno local reconsidere a tala do cedro da praza de Paio Formoso.

"Se sempre dicimos que as árbores son patrimonio, para canto máis esta que é das poucas árbores centenarias que temos na nosa cidade e que suma patrimonio natural e histórico"

Pedimos no Pleno un programa de coidados específicos para o magnolio centenario de Lanzós

As nacionalistas demandan que se planten máis árbores nos espazos públicos do concello e que o goberno local reconsidere a tala do cedro da praza de Paio Formoso.

"Se sempre dicimos que as árbores son patrimonio, para canto máis esta que é das poucas árbores centenarias que temos na nosa cidade e que suma patrimonio natural e histórico"

Betanzos, 7 de decembro de 2018. O BNG advertiu no Pleno dos indicios de deterioro que presenta o magnolio centenario da praza de Lanzós, no Casco Histórico. "Segundo nos ten trasladado persoal técnico, presenta unha posible baixada de copa (despoboamento da mesma) posiblemente debido a un problema" explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río. "Alértannos de que isto pode levar a que comece a secar polas puntas e acabe secando de todo co tempo" engadiu, e recomendan "que se faga unha valoración do problema mais a fondo, no que se remove a terra das raices, levantar o pavimento e abonar e aplicar materia orgánica porque precisan aireación e drenaxe".

"No BNG cremos que esta árbore é todo un símbolo e que precisa atención singularizada" abunda o nacionalista. Neste sentido, demandaron ao goberno local que adopte as medidas propostas "ou outras medidas de coidado específico e atención" para manter en bo estado de saúde esta árbore.

"Se sempre dicimos que as árbores son patrimonio, para canto máis esta que é das poucas árbores centenarias que temos na nosa cidade e que suma patrimonio natural e histórico", engade o nacionalista. Neste sentido, desde o BNG propuxeron ao executivo local que se solicite, a fin de garantir a súa conservación e posta en valor, a catalogación coma árbore senlleira.

Máis árbores nas rúas

O edil nacionalista demandou no último Pleno que se repoñan árbores de todos os lugares onde foron retirados nos últimos anos. ”A nosa cidade ten un déficit enorme de espazos verdes, e, cando menos, as árbores nos espazos públicos, entre outros beneficios, axudan a suplir en parte esta carencia” explic, pedindo prazos para repoñer as árbores desaparecidas.

Tala do cedro do Paio Formoso

As nacionalistas insisten ao goberno local que modifique o proxecto da obra de reforma da praza do Paio Formoso par "indultar" o cedro de gran porte e varias décadas que lle dá vida. Segundo informan desde o BNG, o proxecto "prevé sacrificar esta árbore para crear un par de prazas de estacionamento e plantar outra especie sen ese porte e singularidade noutro lugar da praza". Neste sentido, o BNG xa pediu no pleno que o executivo reconsiderase o proxecto de obra e a "incecesaria" tala desta árbore de porte considerable.

"Cremos que Betanzos non vai sobrada precisamente de árbores singulares e cremos que aporta máis a Betanzos un cedro coma este que un oco máis para meter un coche", concluíu o nacionalista, que recorda que a intención do BNG é "facer de cada recuncho da cidade unha zona verde, porque Betanzos ten unha grave carencia neste sentido".

Pedimos no Pleno un programa de coidados específicos para o magnolio centenario de Lanzós