O BNG esixe maior implicación do goberno local na limpeza do río, camiño e campo dos Caneiros
“O BNG puxo enriba da mesa cuestións concretas a mellorar nos Caneiros e queremos saber se o goberno local as asumiu e levou a cabo á marxe da propaganda”.
“O BNG puxo enriba da mesa cuestións concretas a mellorar nos Caneiros e queremos saber se o goberno local as asumiu e levou a cabo á marxe da propaganda”.
Betanzos, 1 de setembro de 2011. O BNG preguntou no pleno celebrado o pasado luns polo dispositivo de limpeza artellado polo goberno local arredor dos Caneiros. Segundo lembrou o edil Xosé Vales, “no pasado pleno aprobouse por unanimidade unha moción do BNG que propuña, entre outras cousas, facer un esforzo de limpeza arredor da festa dos Caneiros”.
A moción do BNG, aprobada por todos os grupos, afirmaba, entre outras cousas, que “cómpre que o goberno local poña os medios precisos para conseguir que carros de supermercado e colectores de lixo non acaben no río e para que o campo dos Caneiros ofreza sempre a súa mellor cara”. Os nacionalistas non observaron ningún tipo de mellora neste sentido nas dúas xiras aos Caneiros deste ano con respecto ao ano pasado.
Por este motivo, Xosé Vales esixiu ao alcalde e ao concelleiro de festas que deran conta ante o pleno das “medidas efectivas” que “adoptou o goberno local para garantir esta cuestión” máis alá do “xesto simbólico do manifesto subscrito polos catro grupos”. “E mesmo o propio manifesto tivo que facelo o BNG”, indican os nacionalistas, que indican que os catro grupos do Concello recoñeceron o carácter nacional de Galiza ao falar da súa literatura.
“O BNG puxo enriba da mesa cuestións concretas a mellorar nos Caneiros e queremos saber se o goberno local as asumiu e levou a cabo á marxe da propaganda” indicou Vales, voceiro dos nacionalistas na comisión de festas.