AS NACIONALISTAS PEDIRON “QUE A CORPORACIÓN APROBE UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL E QUE SE DIFUNDA Á VECIÑANZA CUN BANDO CONDENANDO ESTE XENOCIDIO”. “O QUE ESTAMOS A PRESENCIAR É UN XENOCIDIO TELEVISADO. LEVAR 590 DÍAS VENDO ESTA BARBARIE NON DEBE LEVARNOS Á ACEPTACIÓN NIN Á INDIFERENZA” DENUNCIAN.

O BNG demanda que Betanzos aprobe unha declaración institucional contra o xenocidio contra o pobo palestino

palestina
palestina

As nacionalistas pediron “que a Corporación aprobe unha declaración institucional e que se difunda á veciñanza cun bando condenando este xenocidio”. “O que estamos a presenciar é un xenocidio televisado. Levar 590 días vendo esta barbarie non debe levarnos á aceptación nin á indiferenza” denuncian.

O BNG demanda que Betanzos aprobe unha declaración institucional contra o xenocidio contra o pobo palestino

Betanzos, 5 de xuño de 2025. O BNG demandou no Pleno do pasado mes de maio que a Corporación Municipal aprobase unha declaración institucional contra o xenocidio contra o pobo palestino. “O xenocidio que está perpetrando o estado israelí en Palestina non pode deixar a ninguén indiferente, milleiros de persoas, entre eles milleiros de crianzas, están a morrer nos bombardeos, na destrución deliberada de escolas, hospitais e centros asistenciais e agora tamén dunha fame planificada deliberadamente. Non podemos ser neutrais diante de semellante actuación inhumana” denuncian desde o BNG. 

As nacionalistas pediron “que a Corporación aprobe unha declaración institucional e que se difunda á veciñanza cun bando condenando este xenocidio”. “O que estamos a presenciar é un xenocidio televisado. Levar 590 días vendo esta barbarie non debe levarnos á aceptación nin á indiferenza” denuncian.

“O pobo palestino ten dereito a vivir en paz, con liberdade e dignidade na súa propia terra, Palestina debe ser libre, e a comunidade internacional ten a obriga moral e política de actuar para que iso sexa posíbel” insisten as nacionalistas.

O BNG, que ven apoiando as concentracións de solidariedade co pobo palestino que se celebran no Cantón de Claudino Pita e ten colocado faixas solidarias nos accesos a Betanzos, demandou recentemente no Congreso a ruptura total de relacións con Israel e o fin do comercio de material represivo con empresas israelís

O BNG demanda que Betanzos aprobe unha declaración institucional contra o xenocidio contra o pobo palestino