“EN SETEMBRO DE 2024 O GOBERNO LOCAL DABA A COÑECER, A TRAVÉS DA PRENSA QUE BETANZOS CONTARÍA COS SEUS PRIMEIROS HORTOS URBANOS NOS PRIMEIROS MESES DO ANO 2025”
O BNG demanda información sobre os hortos urbanos anunciados polo goberno local para Talai
Betanzos, 26 de marzo de 2025. O BNG pediou no pleno información e concereción sobre o anuncio realizado polo goberno local do PSOE sobre a creación de hortos urbanos na zona de Talai. “En setembro de 2024 o goberno local daba a coñecer, a través da prensa que Betanzos contaría cos seus primeiros hortos urbanos nos primeiros meses do ano 2025” recordou o o concelleiro do BNG Salvador González.
“Informábasenos daquela de que se ían contratar as obras de acondicionamento da zona onde se localizarían os hortos, unha zona utilizada como punto de vertido puntual de restos de obras municipais e de almacenamento, polo que se recuperaría unha zona degradada” proseguiu. “Tamén se nos facía saber, por medio dos medios de comunicación e sen ningún outro tipo de comunicación á Corporación, que o uso dos hortos estaría regulado a través de regulamento, onde viría reflexada a organización dos espazo, as normas que rexerían o seu funcionamento, así como as obrigas das persoas ás que se lles concedesen as parcelas” relatou o concelleiro do BNG Salvador González.
Porén, as nacionalistas sinalan que, vencido o primeiro trimestre de 2025, “a día de hoxe non se iniciaron as obras e non coñecemos novidades sobre o tema”. Por este motivo, o concelleiro do BNG Salvador González reclamou ao goberno local que informe “ao conxunto da veciñanza sobre os prazos para o inicio do acondicionamento da zona para a creación destes hortos, así como dos criterios de adxudicación dos terreos”.