O BNG urxe ao goberno local a alegar ao proxecto de mellora da AC-542 para garantir pasos de peóns suficientes en Infesta

Recordan que “actualmente, existe un único paso á altura do local social, mais as paradas de buses (algunhas delas paradas de buses escolares) carecen dun paso seguro”

A disposición da veciñanza para alegacións ao proxecto de mellora da AC-542

O BNG urxe ao goberno local a alegar ao proxecto de mellora da AC-542 para garantir pasos de peóns suficientes en Infesta

Betanzos, 30 de abril de 2025O BNG demandou no Pleno que o goberno local do PSOE garanta a reordenación dos pasos de peóns na AC-542 ao seu paso por Infesta. A concelleira nacionalista Vanesa Rey trasladou ao pleno a demanda veciñal tras un encontro que representantes do BNG mantiveron con residentes deste núcleo na que achegaron “numerosas preocupacións polo estado da súa zona”.

As nacionalistas explican que “a veciñanza solicita o repintado e reorganización dos pasos de peóns da AC-542”. Recordan que “actualmente, existe un único paso á altura do local social, mais as paradas de buses (algunhas delas paradas de buses escolares) carecen dun paso seguro”, sinalando as que “están próximas ao cruce coa estrada que vai ao Tarreo, a parada que está á altura do vial de acceso á estación e a parada próxima á estrada que dá acceso a Casas Novas”.

Desde o BNG instan ao goberno local a defender diante da Xunta a necesidade de colocar máis pasos de peóns no núcleo, posto que actualmente só hai un. Recordan que agora mesmo está en exposición pública o proxecto que a Xunta ten para mellorar un treito da AC-542 entre A Condesa e a rotonda da autovía, mais sinalan tamén que “resta por mellorar a seguridade viaria nesta estrada en Guiliade, como indicamos o mes pasado”

A disposición da veciñanza para alegacións ao proxecto de mellora da AC-542

Desde o BNG recordan á veciñanza que está en exposición pública o proxecto de mellora da AC-542 e, do mesmo xeito que urxen ao goberno local a presentar alegacións, se poñen a disposición da veciñanza que queira formular alegacións no local comarcal do BNG ou a través dos medios de contacto habituais coa Asemblea Local.

O BNG urxe ao goberno local a alegar ao proxecto de mellora da AC-542 para garantir pasos de peóns suficientes en Infesta