Anunciamos que non acudiremos ao pregón de Fraga Mandián por gabarse de incumprir a lexislación sobre o galego

bng (195)

As nacionalistas recordan que o xuíz denunciou ao portavoz parlamentario do BNG e ao presidente da Mesa por denunciaren que facía gala de incumprir a Lei de Normalización Lingüística.

"Semella unha provocación por parte do PSOE"

Anunciamos que non acudiremos ao pregón de Fraga Mandián por gabarse de incumprir a lexislación sobre o galego

Betanzos, 3 de agosto de 2018. O BNG anunciou hoxe que non acudirá ao pregón das festas de San Roque despois de anunciar o goberno local que o pregoeiro será o polémico maxistrado Antonio Fraga Mandián. “Non asistiremos porque nos parece lamentábel que o goberno local do PSOE escollera a unha persoa que fixo gala, desde o seu posto na xudicatura, de incumprir a Lei de Normalización Lingüística para manter o uso do topónimo deturpado da cidade da Coruña, chegando mesmo a denunciar ao Presidente da Mesa pola Normalización lingüística e ao portavoz do BNG no Parlamento no seu momento”, explican desde a dirección do BNG de Betanzos.

O xuíz denunciou ao portavoz parlamentario do BNG e ao presidente da Mesa por denunciaren que facía gala de incumprir a Lei de Normalización Lingüística.

“Pensamos que non é a persoa máis acaída para que se lle recoñeza dando o pregón das festas, discrepamos por completo do criterio do PSOE”, explicou o portavoz municipal do BNG, , Henrique del Río. "Ter nacido en Betanzos non é merito abondo para dar un pregón, sobre todo logo de facer gala de incumprir a lexislación sobre o maior patrimonio das galegas, que é o noso idioma" engaden desde o BNG. "Semella unha provocación por parte do PSOE, e para deixar clara esta discrepancia non acudiremos ao pregón das festas de San Roque" aclara o edil nacionalista.

"Semella unha provocación por parte do PSOE"

Guillerme: "Criminalízase a defensa do galego e a vulneración da lei fica impune"

 

Participación na programación das festas

O portavoz nacionalista afirmou tamén que en ningún momento se lles pediu opinión sobre o programa das festas de San Roque nin sobre a elección do seu pregoeiro, “como ven sendo a forma de proceder habitual do actual goberno local”.

“A maiores da discrepancia sobre os méritos que o pregoeiro poda ter ou deixar de ter, no BNG pensamos que xa é hora de que lle deamos un cambio ás festas patronais e que hai persoas que poden facer o pregón dunha festa que busca animar á veciñanza a participar e celebrar moito máis acaídas”, engadiu del Río. “Pensamos que o goberno ten que permitir a participación dos veciños e veciñas na programación das festas e deixar de tomar decisións sen contar con ninguén, non entendemos ben con que criterio”, concluiu.

Anunciamos que non acudiremos ao pregón de Fraga Mandián por gabarse de incumprir a lexislación sobre o galego