Demandamos exixir responsabilidades polas obras de remodelación do Campo e Fonte de Unta
As nacionalistas recordan que a chamada “remodelación” do Campo custou máis de medio millón de euros con cargo a un plan anticrise e que a esta cantidade hai que sumar, cando menos, outros 70 000 euros que, segundo o goberno local foron gastados desde 2010 en reparar o firme de chapacuña