Propoñemos que o Concello fomente o consumo responsábel e de proximidade no Nadal e as rebaixas
As nacionalistas propoñen a edición dunha app e unha guía de circuítos curtos de consumo e potenciación dos mesmos con campañas específicas no mercado municipal e a organización de obradoiros de reciclaxe de refugallos domésticos, como elaboración de xabróns reciclando aceite ou de decoración de Nadal, entre outras medidas.