Viva a Revolución Galega de 1846!
O BNG, xunto coa Asociación Cultural Eira Vella de Betanzos, a Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal e a Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro de Carral, organizamos un ciclo de actividades culturais para lembrar a figura de Antolín Faraldo e recordar o fusilamento dos Mártires da Liberdade en Carral.
- Presentación do "Poemario dos Mártires"
A cargo do autor, Mario Gallego Rei, o vindeiro venres 11 de abril desde as oito do serán na Libraría Biblos (rúa de Santiago), Betanzos
- Representación da obra "Abril de Lume e Ferro"
Esta obra, escrita por Manuel María, será representada pola ACT Abril de Lume e Ferro o vindeiro sábado 12 de abril desde as oito da tarde no Cine Alfonsetti, Betanzos. A entrada é gratuíta, a obra é para todos os públicos e está aberta á participación veciñal: pode participar calquera persoa que queira para facer de soldados e de pobo. Para participar escribe a [email protected]
- Conferencia: Antolín Faraldo e a Revolución Galega de 1846
Por Xosé Ramón Barreiro, coa presentación do betanceiro Xesús Torres. O sábado 26 de abril, ás oito da tarde, no Salón Azul do Edificio Arquivo, Betanzos.
Nestas actividades colabora a Libraría Biblos e o Concello de Betanzos coa cesión dos espazos.