O último número do boletín analiza o paseo do Mandeo
15 dec. 2014 - 21:30
"Os 543 000 euros do paseo estarían moito mellor invertidos en rehabilitar o Casco Histórico"
Betanzos, 15 de decembro de 2014. Xa chegou a todas as casas o último boletín informativo do BNG. Nas súas páxinas atoparás unha análise do proxecto de paseo entre A Cañota e Os Caneiros, a situación das distintas concesións do Concello e o proceso de asembleas abertas.
Se aínda non o fixeches, podes darlle unha ollada agora!