Del Río: "Parece que se abre a vía para solucionar Complejo San Roque"
Betanzos, 26 de xuño de 2015. O BNG celebrou que o xulgado decidise darlle trámite á denuncia presentada polo Pleno do Concello contra a concesionaria do Hotel San Roque. "Parece que por fin se abre unha vía para solucionar este problema que leva anos enquistado", asegurou Henrique del Río, voceiro dos nacionalistas.
"Falta por saber que quere facer o goberno local do PSOE exactamente con isto" proseguiu, "porque no BNG seguimos dicindo que hai que rescindir os 2 contratos porque incumpren todo, tanto o aluguer do hotel como as concesions do restaurante e aparcamento" puntualizou.
"Sobre todo celebramos que por fin se atenden os intereses da veciñanza" aseguran desde o BNG. "Parece que os gobernos do PSOE e antes do PP se olvidaron de que todos somos iguais e non pode ser que uns paguemos todas as taxas e tributos e outros non" sostén. "Non pode ser que o Concello tolerase durante anos que isto funcionase así" conclúe, "alguén será responsábel desta situación e terá que asumir as consecuencias do que fixo". "Nós seguimos defendendo recuperar todo o edificio para uso público, crear nel un xeriátrico público e cubrir unha grave carencia que ten a nosa cidade" dixo. Se o goberno local e a administración municipal fixesen o seu traballo no seu día non tería que facer isto o xulgado nin o BNG mandarllo ao Fiscal ironizou.