Del Río: María Faraldo debe dimitir de xeito inmediato
Feijóo está incumplindo a súa promesa de non ter persoas imputadas ocupando escanos no Parlamento de Galiza.
Betanzos, 14 de xaneiro de 2014. O BNG reclamou a dimisión inmediata de María Dolores Faraldo Botana, deputada, exalcaldesa e concelleira do PP, logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordase procesala por prevaricación e falsedade documental.
Respectamos a presunción de inocencia pero na representación política hai que ser exemplar, cousa que ademais Feijóo defendía hai un ano, indicou o portavoz nacionalista, Henrique del Río. Mantendo a Faraldo no Parlamento, Feijóo está incumplindo a súa promesa de non ter persoas imputadas ocupando escanos, insistiu o voceiro do BNG.
O PP contribúe ao descrédito da política con estas actitudes, advertiu Del Río. Cando se trata de cartos e empregos públicos hai que ser sempre rigorosísimos, sobre todo coa que está caendo, engadiu. Non é de recibo que mentres a xente está pasándoo mal o PP se dedicase a facer clientelismo en Betanzos con cartos de todas e todos, censurou.
Por este motivo, desde o BNG reclaman que María Faraldo dimita inmediatamente como concelleira en Betanzos e deputada no Parlamento de Galiza. O PP dá leccións de ética a todo o mundo e á hora de pasar das palabras aos feitos nunca se aplica os seus discursos, concluíu.