Del Río: “cos tributos municipais tamén se pode facer unha modesta contribución a paliar os efectos da crise”
O BNG aposta por introducir descontos para parados e mocidade nos servizos culturais e deportivos. Os nacionalistas apostan por subir a presión fiscal á apertura de oficinas bancarias e cobrar taxa polos caixeiros na vía pública.
O BNG presenta un recurso pola falta de publicidade do prazo de alegacións da gasolineira.
O BNG aposta por introducir descontos para parados e mocidade nos servizos culturais e deportivos. Os nacionalistas apostan por subir a presión fiscal á apertura de oficinas bancarias e cobrar taxa polos caixeiros na vía pública.
O BNG presenta un recurso pola falta de publicidade do prazo de alegacións da gasolineira.
Betanzos, 21 de outubro de 2011. O BNG presentou esta mañá as súas propostas para as ordenanzas fiscais de Betanzos nunha comparecencia na que participaron o Portavoz Municipal e María Otero, integrante do Consello Local. Henrique del Río explicou que cos tributos municipais “tamén se pode facer unha modesta contribución a paliar os efectos da crise”. O BNG aposta por introducir descontos para parados e mocidade nas taxas municipais que gravan os servizos culturais e deportivos. A proposta que debullou esta mañá Henrique del Río inclúe tamén descontos para mozos e parados nos dereitos de exame para as oposicións municipais. De igual forma, os nacionalistas apostan por introducir descontos nas taxas que gravan a rehabilitación e a apertura de negocios no Casco Histórico para incidir na súa recuperación.
O BNG avoga tamén por revisar a ordenanza que grava a explotación das terrazas de hostelería. Os nacionalistas non consideran acaída a taxa prevista para o mes de agosto dado que non todos os establecementos hosteleiros do Concello se benefician do programa de actos que se desenvolve principalmente na praza do Campo.
Pola contra, o BNG aposta por cobrar unha taxa ás entidades bancarias que teñen caixeiros na vía pública, así como incrementar as taxas por apertura de oficinas bancarias. Do mesmo modo, os nacionalistas propoñen incrementar as taxas ás empresas que instalen cableado, sexa por fachadas, aire ou subsolo e establecer unha taxa ás compañías de telefonía móbil. “Os tributos municipais sobn un instrumento que ten que servir para redistribuír renda e corrixir desigualdades sociais”, apuntou.
O voceiro do BNG explicou que “por coherencia” seguen insistindo en suprimir as taxas que permiten o aluguer da aula de cultura e salón azul ou as que abren aos anuncios privados o taboleiro electrónico municipal ou as farolas. “Opuxémonos cando aprobaron isto PP e CxB e seguimos a opoñernos” asegurou.
Sacar os transportes especiais do centro da cidade
O BNG tamén propón subir a taxa para os transportes especiais. Del Río explicou que pode ser un incentivo para que os convois deixen de cruzar Betanzos, e singularmente os barrios da Ribeira e a Ponte Vella. Lembrou que os nacionalistas levaron varias veces ao Congreso “facer libre o tramo da autoestrada que cruza a ría” para evitar o paso destes camións polo centro da cidade.
Recurso pola falta de publicidade do prazo de alegacións da gasolineira
O BNG presentou tamén o recurso de reposición presentado esta mañá porque o goberno local non publicou no DOG- como exixe o ordenamento- o anuncio de exposición pública da gasolineira da Madalena. Os nacionalistas entenden que esta forma de conducirse do goberno do PSOE “xenera indefensión” e reclaman que se abra un novo período de exposición pública. O BNG está a ultimar as súas alegacións.