Unha ordeanza de limpeza prexudicial para o comercio
"A norma aprobada pola dereita establece a obriga dos comerciantes de limpar a vía pública xunto aos seus negocios. Nas nosas alegacións expresamos que no BNG estariamos de acordo con esta obriga se o lixo fose consecuencia da actividade comercial, porque a ordenanza obriga a demostrar aos comerciantes que non xeraron eles o lixo se non queren asumir a limpeza da rúa. Así, ademais, o Concello libérase da obriga que lle marca a lei de facerse cargo da limpeza viaria".
"A norma aprobada pola dereita establece a obriga dos comerciantes de limpar a vía pública xunto aos seus negocios. Nas nosas alegacións expresamos que no BNG estariamos de acordo con esta obriga se o lixo fose consecuencia da actividade comercial, porque a ordenanza obriga a demostrar aos comerciantes que non xeraron eles o lixo se non queren asumir a limpeza da rúa. Así, ademais, o Concello libérase da obriga que lle marca a lei de facerse cargo da limpeza viaria".
Betanzos, 10 de xaneiro de 2012. O Consello Local do BNG publicou un artigo no xornal "Betanzos e a súa comarca" correspondente a este mes, que estes días está a ser repartido. Nel faise unha breve análise do contido da ordenanza de limpeza aprobada por PP e CxB grazas ao PSOE e a súa incidencia no comercio brigantino, un sector que o BNG considera estratéxico. Polo seu interese publicámolo a seguir de xeito íntegro.
Unha ordeanza prexudicial para o comercio
No último pleno que celebrou o Concello, PP e CxB uniron os seus votos para aprobar unha ordenanza de limpeza que sobrepasa amplamente todo o relacionado coa limpeza de rúas. Non negamos que haxa que regular determinadas condutas, como o horario en que depositar o lixo nos colectores, pero esta ordenanza excede demasiado estas cuestións.
A norma aprobada pola dereita establece a obriga dos comerciantes de limpar a vía pública xunto aos seus negocios. Nas nosas alegacións expresamos que no BNG estariamos de acordo con esta obriga se o lixo fose consecuencia da actividade comercial, porque a ordenanza obriga a demostrar aos comerciantes que non xeraron eles o lixo se non queren asumir a limpeza da rúa. Así, ademais, o Concello libérase da obriga que lle marca a lei de facerse cargo da limpeza viaria.
A ordenanza establece a autorización previa do goberno local para un reparto de publicidade. Para resolver calquera cuestión, a administración pública ten un prazo legal de 3 meses. Facilmente podemos figurarnos a faena que o goberno local podería facer ao comercio se tarda tres meses en aprobar, poñamos por caso, unha campaña publicitaria de Nadal. Dito doutro xeito, se en novembro un comercio solicita permiso para desenvolver unha campaña promocional para o Nadal e Reis, de pouco lle vale que o goberno municipal a autorice o 5 de xaneiro. Que daría co material publicitario feito, á espera de autorización sen podelo usar, e polo tanto sen poder tirarlle beneficio, e cos gastos de producilo feito. Mal favor para o comercio, e aínda máis en medio desta crise.
E falando de crise, a ordenanza impón unha multa de 100 euros a quen sexa sorprendido rebuscando no lixo. O BNG podería estar de acordo se se tratase de perseguir o aproveitamento lucrativo do lixo ou os actos vandálicos, pero tal como esta redactada non contempla os diferentes casos e multa tamén a quen busque sustento ou abrigo entre o lixo. Sorprende a hipocrisía da dereita, que non se perden ningún evento benéfico nestas datas mentres no pleno PP e CxB xuntan os seus votos para multar con 100 euros a quen busque sustento entre o lixo.
No BNG levamos un ano traballando para evitar que esta ordenanza entre en vigor nestes termos. Fixemos achegas na súa redacción e alegamos contra todos os aspectos lesivos. Á dereita non lle importou e tirou adiante con esta ordenanza inhumana e prexudicial para un sector estratéxico para Betanzos como é o comercio. O PSOE puido ter aproveitado a ausencia de CxB nos últimos meses para redactar outra norma. Pero o goberno do PSOE fixo unha pirueta patética no pleno para poñerlle unha vela a deus e outra ao demo e rirlle os chistes á dereita en lugar de gobernar para as maiorías sociais. Nunca nada dixeron contra esta ordenanza, será que non teñen obxección.