Hai futuro e hai alternativa para Betanzos!
"O noso programa de goberno céntrase na xeneración de emprego, no respaldo ao pequeno comercio, na apertura dun viveiro de empresas. Queremos aproveitar a situación xeográfica e o enorme potencial cultural, artístico e natural de Betanzos para xenerar riqueza."
"O noso programa de goberno céntrase na xeneración de emprego, no respaldo ao pequeno comercio, na apertura dun viveiro de empresas. Queremos aproveitar a situación xeográfica e o enorme potencial cultural, artístico e natural de Betanzos para xenerar riqueza."
Betanzos, 10 de maio de 2011. O xornal 'Betanzos e a súa comarca', que edita a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (ACEBE-CCA) recolle no seu número de maio un artigo do noso candidato á Alcaldía, Henrique del Río. Polo seu interese reproducímolo a seguir de xeito íntegro.
Hai futuro e hai alternativa para Betanzos!
Atravesamos unha crise sen precedentes e nos últimos catro anos o goberno de María Faraldo estragou os cartos públicos en ocorrencias que non aportan nada á xeneración de emprego, o crecemento económico de Betanzos ou o benestar da xente: gastos enormes en xantares e propaganda, dispendios en baúis, terrazas, o barco podre do porto, obras innecesarias (Soportais) e suntuarias (o amaño das Escolas do Asilo, que consumiu 1.300.000 €) e ultimamente a praga de macetas que invade Betanzos para ver se esquecemos o sucio que estivo estes catro anos.
María Faraldo dilapidou unha cantidade nunca vista antes de cartos en extravagancias esquecendo o realmente necesario para a xente: o mantemento dos servizos públicos, a creación de emprego, o benestar da xente,... Impediu a apertura dun centro público de día para os nosos maiores e bloqueou catro anos a construcción dun novo colexio.
Non é de estranar que opte agora por enredarse nun bucle de descualificacións personais co candidato do PSOE. Ambos comparten a mesma falta de proxecto, renovación e ideas e están atados polas mesmas fobias personais. Ademais, diante da crise PSOE e PP están aliñados no mesmo bando: defendendo os intereses dos que provocaron a crise. Cando fallan as ideas, xa se sabe, chegan as descualificacións.
Por fortuna para Betanzos hai alternativa. No BNG estamos do lado da xente que padece a crise. Por iso o noso programa de goberno céntrase na xeneración de emprego, no respaldo ao pequeno comercio, na apertura dun viveiro de empresas. Queremos aproveitar a situación xeográfica e o enorme potencial cultural, artístico e natural de Betanzos para xenerar riqueza. O goberno do BNG aposta por abrir o centro de día público canto antes, para que as prestacións estean ao alcance de toda a xente e non só de quen poida pagalas.
Queremos un Betanzos digno e con futuro. O 22 de maio a escolla é entre as descualificacións personais de PP e PSOE coma única idea ou o proxecto de futuro para Betanzos que ofrece o BNG!