Denunciamos que o goberno local tramita dende hai dous meses un expediente de ruína para a fábrica da luz
O nacionalista recordou que a súa formación leva lustros demandando que se protexa e garanta a conservación desta factoría única “e só cando o proceso de deterioro semella irreversible o goberno do PSOE accedeu a protexela”
“A experiencia da Casa Gótica amósanos que as multas coercitivas que anuncia o goberno do PSOE non son a vía para garantir a conservación do patrimonio histórico e urxe tomar outras medidas”
O nacionalista recordou que a súa formación leva lustros demandando que se protexa e garanta a conservación desta factoría única “e só cando o proceso de deterioro semella irreversible o goberno do PSOE accedeu a protexela”
“A experiencia da Casa Gótica amósanos que as multas coercitivas que anuncia o goberno do PSOE non son a vía para garantir a conservación do patrimonio histórico e urxe tomar outras medidas”
Betanzos, 12 de setembro de 2018. O BNG denunciou que o goberno local leva tramitando desde hai dous meses un expediente de ruína para a Fábrica da Luz, un inmoble modernista cualificado provisionalmente como monumento industrial pola Xunta. “Parécenos lamentábel que a alcaldesa leve firmando decretos e providencias sobre este asunto desde antes mesmo de ser investida e en ningún momento tivese a ben informar á Corporación dun feito da gravidade deste”, explicou o voceiro do BNG, Henrique del Río.
"O PSOE segue buscando forzar os prazos para deixar que caia este monumento para logo lamentarse, non é a primeira vez, fixo o mesmo co Convento de Donas"
O BNG comprobou hoxe, analizando a documentación, que ademais de dous contenciosos de Naturgy, a antiga Gas Natural Fenosa, contra a negativa da licenza de demolición e contra a orde de execución para conservar o inmoble, hai un terceiro expediente que se inicia o 28 de xuño, no que a eléctrica pide a declaración de ruína do monumento e volve demandar a súa demolición. As nacionalistas cuestionan o “secretismo” con que o goberno local move este asunto. “Onte tivemos comisión de urbanismo, co concelleiro da área e a alcaldesa, e en ningún momento, cando menos na comisión, a rexedora tivo a cortesía de comunicarnos algo tan grave”, explica.
“A alcaldesa prometeu continuismo e é verdade que desde o primeiro minuto está a seguir a peor liña do anterior alcalde, ocultando os temas con trascendencia real na cidade”, cuestiona o voceiro do BNG. “O PSOE segue buscando forzar os prazos para deixar que caia este monumento para logo lamentarse, non é a primeira vez, fixo o mesmo co Convento de Donas”, reprochou.
O nacionalista recordou que a súa formación leva lustros demandando que se protexa e garanta a conservación desta factoría única “e só cando o proceso de deterioro semella irreversible o goberno do PSOE accedeu a protexela”. Recorda que “no modelo de cidade do PSOE o solar da fábrica da Luz está ocupada por bloques de pisos a carón do río” mentres que “no BNG defendemos que este monumento é ideal para acoller equipamentos sociocomunitarios públicos”.“No caso
de seguir así as cousas, e á vista do obvio interese público, faría ben o goberno local en iniciar un procedemento de expropiación forzosa para facerse co monumento, e desde logo tería o apoio do BNG” indicou Del Río. “Cremos, igualmente, que o Concello ten posibilidades de financiamento para logralo: desde a venda ou permuta de parcelas municipais no polígono, a disposición de crédito nos orzamentos ou o recurso a operacións de débeda para investimento, desde logo querer é poder” recordan. As nacionalistas resaltan que hai “un triple interese público máis que evidente: evitar o edificio enriba da ponte nova que o planeamento prevé, conservar o patrimonio e conseguir dotacións socioculturais para paliar parcialmente o déficit que ten o barrio da Madalena”.
As multas coercitivas do PSOE non garanten conservar o patrimonio
Neste sentido, desde o BNG demandaron ao goberno local “que deixe o lume de fogueo e tome medidas de calado para permitir conservar a Fábrica da Luz para as betanceiras do futuro”. “A experiencia da Casa Gótica amósanos que as multas coercitivas que anuncia o goberno do PSOE non son a vía para garantir a conservación do patrimonio histórico e urxe tomar outras medidas”, engade.
“A experiencia da Casa Gótica amósanos que as multas coercitivas que anuncia o goberno do PSOE non son a vía para garantir a conservación do patrimonio histórico e urxe tomar outras medidas”
As nacionalistas xa denunciaron o pasado mes no Pleno que o goberno local non adoptara medidas diante do incumprimento da orde de execución dictada para garantir a conservación do inmoble e desvelaron que Naturgy presentara un recurso contencioso para poder demoler o inmoble modernista. “Só a raíz de denuncialo publicamente o PSOE moveu ficha co expediente que onte anunciaron”, lamenta Del Río.