Demandamos no Pleno melloras na seguridade viaria no entorno do Camiño da Estación
No cruce entre o Camiño da Estación e a Avenida das Mariñas hai unha sucesión de obstáculos que limitan perigosamente a visibilidade nas incorporacións e que obrigan, ademais, aos peóns a invadir a calzada”
O BNG ven insistindo nos últimos anos na necesidade de mellorar a visibilidade e seguridade viaria en diversos cruces da zona urbana onde o mobiliario urbano, nomeadamente colectores de lixo, impide incorporacións con garantías.
“No cruce entre o Camiño da Estación e a Avenida das Mariñas hai unha sucesión de obstáculos que limitan perigosamente a visibilidade nas incorporacións e que obrigan, ademais, aos peóns a invadir a calzada”
O BNG ven insistindo nos últimos anos na necesidade de mellorar a visibilidade e seguridade viaria en diversos cruces da zona urbana onde o mobiliario urbano, nomeadamente colectores de lixo, impide incorporacións con garantías.
Betanzos, 17 de xaneiro de 2018. O BNG trasladou ao Pleno a perigosidade da incorporación á estrada AC-542 desde o barrio da Condesa. Segundo explicou no Pleno o voceiro nacionalista, Henrique del Río, “no cruce entre o Camiño da Estación e a Avenida das Mariñas hai unha sucesión de obstáculos que limitan perigosamente a visibilidade nas incorporacións e que obrigan, ademais, aos peóns a invadir a calzada”. “É unha sucesión de postes, farolas, colectores de lixo, sinais, etc” relata.
A perigosidade da situación, xunto coa densidade do tráfico, agrávase, explicou, “debido a que é parte do percorrido cotián das persoas usuarias do centro Pai Menni, moitas delas con diversas discapacidades”. Por este motivo, urxiu ao goberno local a poñer solución a esta situación de perigosidade, nunha recta onde, ademais, advirte que se incumpren frecuentemente as limitacións de velocidade.
Sinalización dun paso de peóns
Nesta zona, ademais, hai un cruce para incorporarse á N-VI desde a AC-542, sen medidas de seguridade para os peóns que a diario transitan a zona, entre eles usuarias do centro Pai Menni e veciñanza do Coto ou Infesta. “Téñense dirixido a Fomento para sinalizar un paso de peóns neste perigoso cruce?”, interpelou Del Río.
Demanda de melloras noutros cruces sen visibilidade
O BNG ven insistindo nos últimos anos na necesidade de mellorar a visibilidade e seguridade viaria en diversos cruces da zona urbana onde o mobiliario urbano, nomeadamente colectores de lixo, impide incorporacións con garantías. “Situación de perigo que moitas veces se incrementa coa presenza de coches mal estacionados, práctica tolerada polo goberno local”, explica o edil.
Así, as nacionalistas demandan ao goberno local un esforzo por garantir a visibilidade nas incorporacións en zonas como os enlaces coa avenida de Castela desde as rúas da zona nova da cidade, a rotonda entre Os Ánxeles e A Cañota ou diversos cruces con colectores enriba de pasos de peóns, como no cruce da rúa Venezuela co Rollo ou na rúa Castelao con Rosalía de Castro, entre outros moitos. “É unha medida que non require investimentos, só a vontade do goberno local de mellorar a vida á veciñanza, e sinceramente non sabemos por que estas cousas que son puro sentido común non se levan a cabo”, lamenta o voceiro do BNG.