O BNG urxe a reparar a cuberta da praza municipal de abastos

O BNG urxe a reparar a cuberta da praza municipal de abastos

Un  aspecto do tellado da praza de abastos

As nacionalistas lamentan que non se reservasen partidas no orzamento para melloras que propuxeron nos últimos meses para a Pescadería, como a demolición do tabique central para dar maior luminosidade ou a adquisición dunha máquina de xeo.

Betanzos, 6 de maio de 2016. O BNG levou a Pleno o deterioro da cuberta da praza municipal de Abastos. Segundo explicou o voceiro nacionalista, Henrique del Río, o tellado “presenta un estado de conservación bastante preocupante”, debido, entre outras cuestións, á presenza de herba entre as tellas. Ademais, advertiu, “boa parte das tellas están movidas”.

As nacionalistas temen que, con esta situación, “máis pronto que tarde haberá problemas de pingueiras, se non hai filtracións xa”. “Non é un problema que se crease nestes últimos días” ironizou o voceiro nacionalista, para lamentar que non se reservasen cartos no orzamento recentemente aprobado para esta actuación.

Neste sentido, demandou do goberno local que fixe prazos concretos para

IMG_5384

reparar este tellado “antes de que a situación vaia a peor” e demandou unha explicación sobre o motivo polo que “non se retellou até o momento a Pescadería”.

As nacionalistas lamentan que tampouco se reservasen partidas no orzamento para outras melloras que propuxeron nos últimos meses para a Pescadería, como a demolición do tabique central para dar maior luminosidade á praza de abastos ou a adquisición dunha máquina de xeo que mellore as prestacións do mesmo.

O BNG urxe a reparar a cuberta da praza municipal de abastos