O BNG-AA leva ao pleno de outubro as queixas da veciñanza da Galera
Solicitamos ao goberno local o repintado dos carrís de circulación e da prohibición de aparcar na zona
Betanzos, 31 de outubro de 2015. A veciñanza da Galera, en Betanzos, transmitiu nos pasados días ao BNG as súas queixas sobre o estado da pintura no firme na súa zona. As veciñas achegaban ao grupo nacionalistas a súa preocupación ante a falta de mantemento, que se concreta segundo o voceiro nacionalista Henrique del Río nunha clara deterioración da sinalización horizontal, que elimina un carril, e a práctica desaparición das liñas amarelas que prohiben o estacionamento na Galera.
O grupo nacionalista levou a cuestión ao pleno de outubro, pedindo unha solución para todas as deficiencias detectadas. Solicitamos ao goberno local o repintado dos carrís de circulación e da prohibición de aparcar na zona, indicou o voceiro nacionalista. Sería bó tamén que o goberno local fixese un estudo sobre a posibilidade de restrinxir o paso só ás persoas residentes, xa que o aparcamento de coches en dobre fila e en sitios non permitidos provoca problemas circulatorios e mesmo de seguridade cando se producen no paso de peóns, informou del Río.
Desde o BNG lémbrase que se trata para a veciñanza dun cuestión problema seguridade e con fácil solución, sempre, claro está, que o goberno demostre interese en subsanalo canto antes, conclúe Henrique del Río.