“A PONTE DO CARREGAL, SOBRE A QUE PASA O ‘CAMIÑO SEGURO ESCOLAR’ TEN UNS OCOS NA BALAUSTRADA POLA QUE COLLE UNHA CRIANZA, E SÓ É CUESTIÓN DE VONTADE ACABAR ESTE PROBLEMA DENUNCIADO XA EN 1992”
Demandamos seguridade no Paseo da Galera
“A ponte do Carregal, sobre a que pasa o ‘camiño seguro escolar’ ten uns ocos na balaustrada pola que colle unha crianza, e só é cuestión de vontade acabar este problema denunciado xa en 1992”
“A ponte do Carregal, sobre a que pasa o ‘camiño seguro escolar’ ten uns ocos na balaustrada pola que colle unha crianza, e só é cuestión de vontade acabar este problema denunciado xa en 1992”
Betanzos, 9 de xaneiro de 2020. O BNG lembrou que desde agosto do pasado ano a balaustrada de madeira do paseo da Galera está caída. “Temos recibido numerosas queixas de veciñanza da zona e de persoas que pasean ou practican deporte no entorno pola perigosidade que isto representa, nomeadamente para as crianzas”, indica o voceiro nacionalista, Henrique del Río.
“Semella irónico que agora o goberno local, tras meses de críticas e denuncias pola perigosidade desta situación, anuncie que “en breve” poñerá solución a algo que cun pouco de vontade tería durado apenas uns días”, abundan as nacionalistas.
Recordan desde o BNG que o goberno local “apenas colocou unha cinta, para advertir do seu deterioro nun intento de balizar e impedir, supoñemos, o acceso a esa zona”. Mais, advirten, “leva medio ano así, co perigo que representa para todas as persoas que cruzan a diario polo paseo da Galera”.
Perigo para as crianzas pola falta de medidas de seguridade
O estado desta balaustrada representa, indican desde o BNG, un perigo para as crianzas que camiñan pola zona. “Exactamente igual que o muro de cantería situado contra a ponte do Carregal, excesivamente baixo e sen elemento algún de seguridade”, abunda Del Río.
O edil nacionalista asegura que esta situación foi trasladada ao goberno local por persoas a título particular e tamén por ARBE, entidade coa que as nacionalistas mantiveron unha xuntanza de traballo recentemente.
“Do mesmo xeito, a ponte do Carregal, sobre a que pasa o ‘camiño seguro escolar’ ten uns ocos na balaustrada pola que colle unha crianza, algo que desde que se amañou a ponte en 1992 moitas voces vimos advertindo ao goberno do PSOE”, indica. “Son cousas que requiren pouco investimento, que só dependen da vontade do goberno”, lamenta.