O BNG traslada ao Pleno as queixas da veciñanza da Rúa Rosalía polo aumento de ruído

Vanessa Rey é concelleira do BNG
Vanessa Rey é concelleira do BNG

O BNG, traslada esta problemática ao Pleno municipal que se celebra hoxe, e piden ao goberno local que dote á Policía Local de persoal e dos medidores de decibelios que necesitan para tomar acta dos ruídos que afectan ás vivendas a altas horas da madrugada e que vixile que se cumpran as horas de peche legalmente estabelecidas para estes locais o antes posíbel. 

Vanessa Rey: “entendemos que as actividades de hostalería e ocio teñen que convivir co dereito ao descanso das veciñas e veciños e que o goberno local debe garantir que se cumpra a normativa para garantir esta convivencia”

O BNG traslada ao Pleno as queixas da veciñanza da Rúa Rosalía polo aumento de ruído

Betanzos, 31 de agosto de 2023.- O BNG traslada ao Pleno as queixas da veciñanza da Rúa Rosalía polo aumento de ruído. “As persoas que representan a veciñanza da rúa Rosalía de Castro e, en particular, do número 11 da mencionada rúa, trasladáronos en días pasados a problemática que afecta ao seu barrio. Nos últimos meses a problemática que tradicionalmente afectaba a esta rúa veuse acrecentada polo aumento dos ruídos que soportan estes veciños e veciñas e que impiden o seu correcto descanso e benestar”, explicou a concelleira do BNG, Vanessa Rey. 

“A veciñanza indícanos que hai locais que pechan moito despois do horario legalmente permitido, que os niveis de ruídos que soportan nas súas casas supera con creces o estabelecido na lexislación vixente e que os membros da Policía Local non realizan as medicións destes ruídos pola carencia de persoal e aparellos con que facelo. A isto súmanse problemas como a falta de limpeza da rúa ou a falta de seguridade nos seus portais”, engadiu a concelleira nacionalista. 

“Como consecuencia, os veciños e veciñas están vendo alterada a súa calidade de vida de maneira considerábel, desde o BNG entendemos que as actividades de hostalería e ocio teñen que convivir co dereito ao descanso das veciñas e veciños e que o goberno local debe garantir que se cumpra a normativa para garantir esta convivencia”, indicou Vanessa Rey. 

Por iso desde o BNG, trasladan esta problemática ao Pleno municipal que se celebra hoxe, e piden ao goberno local que dote á Policía Local do persoal e dos medidores de decibelios que necesitan para tomar acta dos ruídos que afectan ás vivendas a altas horas da madrugada e que vixile que se cumpran as horas de peche legalmente estabelecidas para estes locais o antes posíbel. 

O BNG traslada ao Pleno as queixas da veciñanza da Rúa Rosalía polo aumento de ruído