O BNG reclamou ao goberno local que remate cos cheiros da rede de sumidoiros nos Anxeles
O BNG levou a Pleno o malestar da veciñanza dos Ánxeles polo cheiro a augas fecais que invade o barrio, sobre todo a primeira hora da mañá.
Betanzos, 14 de outubro de 2014. O BNG levou a Pleno o malestar da veciñanza dos Ánxeles polo cheiro a augas fecais que invade o barrio, sobre todo a primeira hora da mañá. Os nacionalistas explicaron no Pleno que os técnicos da concesionaria manifestaron a varias persoas que o cheiro se débe a que durante as obras de renovación do saneamento non se colocaron os botes sifónicos que terían que figurar no proxecto para colocarse na rede de saneamento
Segundo explica o voceiro nacionalista, Henrique del Río, desde que comezou a chover o cheiro xa non se percibe, mais o problema continúa estando aí. O edil do BNG indicou que esta situación afectaba á veciñanza nos seus propios domicilios pero sobre todo aos negocios deste barrio que abren directamente á rúa.
Desde o BNG requiriron ao goberno local do PSOE que aclare porqué non se verificaron estes detalles antes de recibir a obra. Os nacionalistas reclaman ao executivo local que informe sobre as medidas que vai tomar para corrixir esta situación e os prazos que baralla para afrontalas.
Vai supoñer un gasto adicional para a veciñanza de Betanzos?, interpelaron os nacionalistas. Pensamos que, se é verdade que a obra se recepciounou sen estar correctamente executada, o goberno local terá que pedir responsabilidades á empresa concesionaria, reclamou Del Río.