O BNG reclama que o goberno local garanta a seguridade en torno ao Camiño do Refoxo

O BNG reclama que o goberno local garanta a seguridade en torno ao Camiño do Refoxo

Un acto do BNG no local social do barrio da Ponte Vella

“A pesar da nosa insistencia e da súa propaganda, o goberno local nada fixo para solucionar a situación que preocupa á veciñanza do barrio desde hai anos”.

Betanzos, 4 de agosto de 2014. O BNG reclamou no Pleno que o goberno local aclare os motivos polos que permite que a urbanización do Camiño do Refoxo continúe abandonada e xenerando molestias á veciñana dos Remedios e a rúa Saavedra Meneses. “Xa trouxemos máis veces a Pleno as queixas da veciñanza pola suciedade, broza e presenza de insectos e outros animais que abundan na urbanización paralizada do Camiño do Refoxo”, advertiu o voceiro nacionalista no Pleno.

“A pesar da nosa insistencia e da súa propaganda, o goberno local nada fixo para solucionar esta situación que preocupa á veciñanza do barrio desde hai anos” indicou Henrique del Río no Pleno. “O paso do tempo empeorou a situación comprometendo a seguridade das vivendas colidantes polo risco de incendio ademais da continua molestia que os animais ocasionan” engadiu.

Os nacionalistas exixiron ao goberno do PSOE que aclare “por que non se actuou para solucionar este tema”. Demandaron ao goberno prazos concretos para poñerlle solución a unha problemática que ten alarmada á veciñanza. “Considera o PSOE que cun bando publicado no web municipal xa é abondo?” ironizou Del Río.

 

O BNG reclama que o goberno local garanta a seguridade en torno ao Camiño do Refoxo