O BNG reclama que se cubra a baixa do enterrador
Os nacionalistas pediron ao executivo do PSOE que aclare quen está a asumir estes traballos actualmente e se optou o goberno local por contratar algunha empresa privada como algúns veciños indicaron.
Betanzos, 2 de abril de 2014. O BNG demandou no Pleno que o executivo local cubra a baixa do operario do cemiterio municipal. O operario do servizo de obras que facía as veces de enterrador no cemiterio municipal está cunha baixa, quedando o cemiterio desatendido advertiu a concelleira nacionalista María Otero.
Os nacionalistas pediron ao executivo do PSOE que aclare quen está a asumir estes traballos actualmente e se optou o goberno local por contratar algunha empresa privada como algúns veciños indicaron. Rezan para que non haxa decesos? ironizaron os nacionalistas.
O voceiro do BNG, Henrique del Río, recordou que o cemiterio é un servizo básico e obrigatorio para todos os concellos, polo que reclamou ao goberno local que deixe de marear a perdiz e cubra a baixa porque a lexislación permite facelo.
O que non pode ser é que o PSOE se negue a cubrir as baixas en servizos básicos como limpeza, policía municipal ou cemiterio e sen embargo dispare os costes de persoal do Conservatorio ou cree prazas como a de conductor da lancha municipal, indica o nacionalista. Un goberno responsábel garantiría en primeiro lugar os servizos esenciais para a poboación, concluíu.
O goberno local tería posibilidade de ter o servizo cuberto sen problema se readmitiran ao operario do GRUMIR que despediron de forma improcedente e que se estaba ocupando do mantemento do cemiterio, concluíu Del Río.